Esquerda Unida Ponteareas recolle sinaturas para enviar a Fiscalía para a Represión de Delitos Económicos relacionados con Corrupción

25/09/2009 at 10:00 1 comentario

Esquerda Unida de Ponteareas comeza unha campaña de recollida de sinaturas a título individual denunciando “a implicación dos catro grupos da corporación municipal no instituto do Barral”.
A continuación poden ver o documento da recollida de sinaturas que EU recomenda cubrir na cabeceira cos datos persoais, facendo unha fotocopia do documento cuberto para entregalo na ventanilla do concello de Ponteareas ou doutro concello onde teñen que por o sello do rexistro de entrada. Os participantes deberán quedar cunha fotocopia sellada.

Este é o documento de recollida de sinaturas que está a entregar Esquerda Unida Ponteareas.

“FISCALÍA PARA LA REPRESIÓN DE LOS DELITOS ECONÓMICOS RELACIONADOS CON LA CORRUPCIÓN
MINISTERIO DE JUSTICIA. MADRID

D/na: …………………………………………………………………………………………. NIF………………………
Enderezo: ……………………………………………………………………………………… CP: …………………..
Concello: ……………………………………………………………………..,  provincia de PONTEVEDRA
EXPOÑO:

Que a corporación municipal do concello  de Ponteareas  reunida o día 13-09-05, ás 9:20 h, composta por  Salvador González Solla (PP), alcalde, Manuel Alberto Novoa Iglesias (PP), Víctor Sebastián Sebastián (PP), Francisco Davila Solla (PP), Isabel González Lago (PP); María Nava Castro Domínguez  (UCPA), Juan Carlos González Carrera (UCPA), Guillermo Iglesias Sánchez (UCPA), Domingo Freitas Dalmeida (UCPA); Roberto Mera Covas (BNG), Francisco Javier Abalde García (BNG), Berta Mª Rosario Hernán Chivite Mosquera (BNG), Xurxo López Martínez (BNG); Alfonso Porto Prego (PSOE).
Coa ausencia de  Vicente Bolívar González Rodríguez (BNG), Francisco de Asís Candeira Mosquera (PSOE) e Joaquin Adriano Sertage (UCPA).
Aprobou por unanimidade dos asistentes:

A CESIÓN GRATUÍTA Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA  DUN TERREO SITO NO LUGAR DE O BARRAL (Ponteareas), CUNHA SUPERFICIE DE 8.000 m/2, PARA A CONSTRUCCIÓN DUN NOVO CENTRO DE ENSINO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA, según detalle:
(…)Lindeiros: Norte: coa finca matriz; Sur: coa finca matriz; Leste: coa finca matriz; Oeste: coa finca matriz.

Que, no proceso de aprobación do convenio e con esta cesión cometéronse as seguintes irregularidades:

1.Denégouse ao representante de EU-EU de Ponteareas o acceso ao expediente relacionado con este tema, contrariando o Art. 37 da Lei 30/1992 de procedemento administrativo común.
2.A Xunta de Goberno municipal non é un órgano competente para a aprobación inicial dun convenio a efectos urbanísticos. Trátase dunha competencia do pleno (Art. 2.2c. Lei 11/99 Reguladora Bases de Réxime Local).
3.Anunciouse no BOP, pero non nos “diarios de maior tirada” como esixía a lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación e protección do medio rural en Galicia, art. 41º, por entón vixente.
4.Toda a operación contén elementos de fraude, contemplados no Art. 436 do Código Penal, por canto utilízouse un artificio administrativo para defraudar á Consellería de Educación e ao Concello de Ponteareas, no que respecta á oferta dun terreo xuridicamente entrampado para a construción dun Instituto de Educación Secundaria e malversación de patrimonio público. O artificio urbanístico-administrativo empregado aparece ademais como unha chantaxe para a Xunta de Galicia en orde a forzala a aprobar un PXOM (Plan Xeral de Ordenacion Municipal) que incluira unha operación urbanística de exhorbitado beneficio económico para os promotores, aproveitando a presión da opinión pública entón mobilizada.

Que  a pesar destas características do terreo, a Consellería de Educación da Xunta, que tiña como máxima responsable a Laura Sánchez Piñón, acordou construir un instituto cun orzamento duns 3.000.000 euros nun terreo sen acceso expedito.
Por  todas estas irregularidades ocasionouse un trastorno grave ó proceso de escolarización do alumnado da ESO, etapa do ensino obligatorio,  dos concellos de Ponteareas e O Covelo.

Por todo o exposto,

SOLICITO  a intervención desa fiscalía, a efectos de aclarar as posibles responsabilidades penais dos diferentes membros da corporación municipal de Ponteareas, da Conselleira de Educación e do persoal técnico implicado en relación coa cesión dos terreos do Barral á Xunta de Galicia.

………………, ……….. de …………………………. de 2009 “

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , .

O BNG amosa o seu apoio aos pais e nais de Ponteareas afectados polos problemas do Instituto do Barral MÍVICO 09: III Revolución Audiovisual

1 comentario Add your own

  • 1. Sr.Exemplo  |  25/09/2009 ás 10:08

    Unha noticia presentada coma “Ponteares y su televisión” aparecía en EL PAÍS, amósanos o exemplarizantes que son estes políticos:
    “(…) La liquidación del año pasado figuraba en los primeros puestos de la lista de los números rojos, con un desfase de 2,1 millones de euros, equivalentes a un tercio de sus ingresos.(…) Con poco más de 22.000 habitantes, su plantilla reconocida es de 279 personas. El personal aumenta cada año en un número indefinido de trabajadores procedentes de programas de cooperación con otras administraciones. En el año 2007, los salarios absorbieron 4,9 millones de euros, el 54% de todos los gastos. (…) Aunque no le sobra el dinero, Ponteareas tiene canal de televisión propio (Canal Tea) (…). Once personas figuran en plantilla junto a una maquilladora que cobra del departamento de Cultura. Su director percibe, además de su sueldo, un complemento de 14.565 euros al año, casi el mismo que el que recibe el único redactor.(…) Al municipio no le hacen falta galescolas ni galiñas azules. Tiene guardería propia donde trabajan otras 23 personas, la mayoría auxiliares de puericultura. También disfruta de estación de autobuses, de la que se encargan cuatro personas, e incluso posee en plantilla un trabajador dedicado exclusivamente a dirigir la escuela de ciclismo.”

    Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: