Galiza Nova esixe a dimisión do alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla

25/09/2009 at 09:51 Deixar un comentario

Galiza Nova, a organización xúvenil do BNG, a través do seu responsabél de organización local, Samuel Romero, esixe a dimisión do alcalde do PP, Salvador G. Solla. Os nacionalistas dín é inadmisibél que a estas alturas os alumnos non estean escolarizados “pola incompetencia do alcalde e do concelleiro de educación, por non resolver os accesos e conexións de servizos básicos do novo IES, isto xa tiña que estar resolto dende hai meses, pero coma sempre o PP, deixa as asinaturas pendentes ata o último momento,por iso dende Galiza Nova exisimos a sua dimisión inmediata”.
Samuel Romero dí que “O PP xa nos ten acostumados a súa incapacidade para gobernar un concello coma Ponteareas con máis de 23.000 habitantes. O acontecido co novo IES é a gota que colma o vaso, non podemos permitir que xoguen co ensino público e coa calidade de vida das familias pola súa incompetencia”.
Galiza Nova fai un chamamento a toda cidadanía para que apoien aos pais nas distintas movilizacións que está realizando para presionar a Consellaría e ao Concello para resolver esta grave situación pola falla de escolarización dos alumnos matriculados no novo IES de Ponteares. Galiza Nova anima a participar na manifestación que para a tarde deste venres, ás 19.30 ten convocada a Plataforma de Nais e Pais afectados polo novo IES de Ponteareas.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , , , .

Salvaterra acollerá un curso de ‘Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio’ O BNG amosa o seu apoio aos pais e nais de Ponteareas afectados polos problemas do Instituto do Barral

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: