O PSOE pregunta no Parlamento sobre o IES do Barral, en Ponteareas

25/09/2009 at 10:23 Deixar un comentario

Guillermo Antonio Meijón, deputado pertencente ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta escrita.
O concello de Ponteareas rexistrou nos últimos anos un importante aumento da poboación escolar que se traduciu na necesidade real de acometer novos centros educativos, concretamente un novo centro de ensinanza secundaria.
O anterior goberno da Xunta de Galicia dou resposta positiva ante esta realidade educativa do concello de Ponteareas, e hoxe en día pódese comprobar a realidade dun novo instituto, concretamente o IES do Barral que estaría, segundo o comprometido, en disposición de comezar as clases senón fose por cuestións que corresponden ao Concello de Ponteareas relativas aos servizos de acometida de auga, conexión coa rede eléctrica, saneamento e accesos rodados e peonís.
No seu día, hai mais de cinco anos, o Concello de Ponteareas comprometeuse xa coa realización destes traballos, garantindo a súa execución.
Con posterioridade a esta data, en varias ocasións o Concello de Ponteareas a través do seu alcalde e do equipo de goberno ratificou que estas obras necesarias para a posta en marcha do IES do Barral estarían executadas en forma e prazo, mesmo censurando a preocupación, desconfianza e o interese que dende a oposición e, concretamente, dende o Grupo Municipal Socialista se manifestaba ao respecto. Lamentablemente, aquela preocupación tornouse en realidade e hoxe en día vemos como dende o Concello de Ponteareas incumpriuse o compromiso de ter realizadas as obras precisas, e de competencia exclusiva do concello, que están a impedir que o alurnnado adscrito ao IES Barral poidan iniciar o curso escolar neste centro.

O xefe territorial de educación da Consellería de Educación da provincia de Pontevedra, D. César Pérez Ares, dende o máis absoluto descaro non dubidou recentemente en realizar declaracións atribuíndo responsabilidades ao anterior executivo da Xunta de Galicia, en troques de sinalar o evidente, que é que grazas á preocupación e sensibilidade do goberno anterior, o concello de Ponteareas conta cun novo instituto. Ademais, e de forma absolutamente intolerable, non dubida en eximir ao concello de Ponteareas da súa responsabilidade na execución dunhas obras que son, repetimos de novo, da súa exclusiva competencia e obras que, como non podía ser doutro modo, comprometeuse a ter executadas.
A alarma social xerada Ponteareas, con quen nos xustifícada, e singularmente a directamente por esta situación, por este tema na cidadanía de solidarizamos, está sobradamente comunidade educativa afectada nais, pais e alumnado, por ser os verdadeiros prexudicados pola neglixencia municipal e por atoparse nunha situación de incerteza e provisionalidade.

Ante esta actitude, os deputados e as deputadas que asinan formulan as seguintes preguntas para a súa resposta escrita: l.”) Dende a toma de posesión do actual Goberno da Xunta de Galicia, ¿en cantas ocasións se dirixiu ao concello de Ponteareas para comprobar o grao de execución das actuacións responsabilidade do concello necesarias para a súa posta e marcha? 2.”) Cantos escritos foron remitidos polos os actuais responsables da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ao concello de Ponteareas interesándose polo grao de execución destas obras? 3.”) Que respostas se recibiron a eses escritos dende o concello de Ponteareas?
4.”) Cales son as actuacións que actualmente se están a tomar dende o actual Goberno da Xunta de Galicia para poñer remedio a actual situación que impide o inicio do curso no IES do Barral?
5.”) Para que datas ten previsto a actual Xunta de Galicia que se poidan iniciar as clases no dito centro? Pazo do Parlamento, 23 de setembro de 2009

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , .

A Plataforma de Afectados polo IES do Barral demandan a escolarización en horario de mañá e esixen á Consellería que respete a matrícula A Plataforma de Afectados polo IES do Barral convoca unha manifestación para hoxe ás 19:30 horas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: