Salvaterra acollerá un curso de ‘Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio’

25/09/2009 at 09:43 Deixar un comentario

A Xunta de Goberno, na súa sesión de 23 de setembro, acordou sacar a contratación a adxudicación da organización e impartición de diversos cursos incluídos no proxecto Aquelando II. A finalidade destas actividades formativas é facilitar a inserción sociolaboral de colectivos con especiais dificultades de acceso ó mercado de traballo no sector servizos de atención a persoas.
Os cursos a desenvolver, divididos en tres lotes, son os seguintes: “Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” (lote número 1), a impartir en tres edicións que terán lugar en Salvaterra de Miño, Cangas e Mos; “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais” (lote número 2), a impartir tamén en tres edicións nos concellos de Baiona, Lalín e Ribadumia; e “Auxiliar de tarefas domésticas en centros sociosanitarios e fogares” (lote número 3), a celebrar en Pontevedra nunha única edición.
O custo total da contratación para a organización e impartición dos cursos establécese en 177.900 euros, repartidos da seguinte maneira: 90.000 euros (a razón de 30.000 euros por curso) dirixidos ó lote número 1, 69.000 euros (a razón de 23.000 euros por curso) dirixidos ó lote número 2, e 18.900 euros destinados ó lote número 3, que conta cunha única edición.
A adxudicación do contrato realizarase utilizando o procedemento aberto. Os cursos darán comezo unha vez formalizado o mesmo, nas datas que se concreten pola dirección do proxecto Aquelando e nas localidades sinaladas anteriormente.
Estes cursos están incluídos no proxecto Aquelando II promovido pola Deputación de Pontevedra e coordinado polo Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, que está subvencionado polo Fondo Social Europeo.

Entry filed under: Salvaterra. Tags: , , , , , .

Curso de Saúde Ambiental en Vilasobroso, Mondariz Galiza Nova esixe a dimisión do alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: