Nais, pais e alumnos afectados polo IES do Barral péchanse no salón de plenos do concello de Ponteareas

28/09/2009 at 16:21 Deixar un comentario

A Plataforma de Afectados do Novo  IES de Ponteareas e os alumnos afectados permanecen pechados no salón de plenos do concello de Ponteareas ata que se solucione o problema da escolarización.

Os pais e nais tomaron o concello de Ponteareas ás 8.30h do 28 de setembro á espera de que a Consellería de Educación e o Goberno Municipal se poñan en contacto con eles para darlles unha solución.
Tras reunirse co alcalde e este exporlle a proposta do goberno Municipal cos propietarios da parcela, os afectados deciden manter o peche de maneira indefinida ata que a Consellería comunique por escrito o inicio do curso escolar pola mañá no Ies do Barral ou noutra alternativa, sempre en horario de mañá e con educación digna.

Outra das condicións que poñen os afectados é que se suspendan as clases da tarde para que logo os nenos e nenas as recuperen,  tal e como se compremeteu o Secretario Xeral de Educación segundo explican os pais afectados.

Os pais e nais agardan que “desta volta non sexan novamente enganados polo alcalde, Salvador González Solla e que cumpra o que hoxe comunicou á plataforma”.

Os afectados miran con esceptibilidade as declaracións do alcalde, posto que, “xa foron enganados en numerosas ocasións”.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , .

O subdelegado do Goberno en Pontevedra visitou a obra do edificio multiusos da Cañiza O PSOE de Mondariz acusa ao alcalde de mintir sobre o Circuito Galego de Velocidade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: