O BNG demanda no Parlamento Galego que a Xunta escolarice en horario de mañá ao alumnado do novo IES de Ponteareas

29/09/2009 at 10:12 Deixar un comentario

A deputada do BNG pola provincia de Pontevedra e portavoz na Comisión de Educación do Parlamento Galego, Carme Adán, ven de prensentar unha iniciativa na que lle demanda á Xunta que, mentres duren as obras, escolarize en horario de mañá ao alumnado do novo IES Ponteareas “nunhas instalacións que cumpran as condicións necesarias”.
En concreto, a moción da deputada do BNG que se debaterá no Parlamento Galego insta á Xunta de Galiza a “axilizar o acondicionamento dos accesos do novo IES de Ponteareas” e a “escolarizar, mentres se realizan as obras, ao alumnado en horario de mañá en instalacións da Consellaría de Educación ou municipais que cumpran as condicións necesarias para este fin”.

A proposta de horario de tarde-noite causaría máis problemas
A deputada do BNG denuncia que “logo de dúas semanas de ter comezado o curso escolar a situación do novo IES de Ponteareas é caótica” xa que o concello “non cumpriu os seus compromisos para que o IES contara cos accesos necesarios para comezar o curso escolar con normalidade e a Consellaría de Educación tampouco estableceu unha solución que satisfaga á comunidade educativa”.
Neste sentido, Carme Adán advirte de que a proposta de escolarización en horario de tarde-noite “crea un problema de conciliación importante en moitas familias e deixa ao alumnado sen a posibilidade de realizar actividades extraescolares, como música, deporte ou idiomas”.

Falta de propostas do Concello e da Consellaría de Educación
Así pois, a deputada nacionalista critica “a falta de propostas tanto do Concello como da Consellaría de Educación para resolver un problema que está a provocar un importante trastorno a moitos pais e nais de Ponteareas, tal e como se puxo de manifesto o pasado 25 de setembro nas rúas da vila”.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , , .

O BNG de Salvaterra alerta do ‘perigo de insolvencia’ que pode experimentar o concello a finais de ano O alcalde de Salvaterra asegura que o concello ‘non está mal económicamente’

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: