A Fundación Mondariz Balneario e a Real Academia Galega colaboran na recuparación da memoria histórica de Mondariz

01/10/2009 at 11:33 Deixar un comentario

Solano,-Losada,-AxeitosO Presidente da Fundación Mondariz Balneario, Javier Solano Rodríguez-Losada, e o Arquiveiro Bibliotecario da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos, en representación do Presidente da Real Academia Galega, asinaron esta mañá na Coruña un convenio de colaboración para a recuperación da memoria histórica de Mondariz Balneario. O obxectivo da Fundación Mondariz Balneario é poder contar coa colaboración da RAG nos traballos de recuperación e recopilación do material histórico de Mondariz. En concreto, a través deste acordo, a Fundación e a RAG traballarán da man na recuperación e publicación de todo o material literario relacionado con Emilia Pardo Bazán e Mondariz. Como mostra de agradecemento, a Fundación Mondariz Balneario entregou á Real Academia Galega, en concepto de doazón, unha reprodución do busto de Dona Emilia Pardo Bazán realizado a finais do século XIX polo escultor Lorenzo Coullaut Valera, por encargo de Enrique Peinador Vela. Unha escultura que presidía a Biblioteca principal do Gran Hotel de Mondariz, xunto cos de outras tres relevantes mulleres del século XIX Concepción Arenal, Concha Espina y Rosalía de Castro nun xesto de D.Enrique Peinador Vela a favor da normalización e o recoñecemento da contribución da muller á sociedade. En palabras de Javier Solano, “para a Fundación Mondariz Balneario é unha honra que unha escultura dunha das principais promotoras da Real Academia Galega, Emilia Pardo Bazán, que lembremos presidiu en 1895 unha Comisión Xestora para a creación da Academia Galega, e é Presidenta de honra desta institución, pase a formar parte do seu patrimonio histórico”.

Emilia Pardo Bazán e Mondariz
A famosa escritora, xunto con outros grandes persoeiros da ciencia, a sociedade e a política, como Echegaray, o Rei Alfonso XIII, a Infanta Isabel ou galeguistas como Castelao ou Vicente Risco, foron asiduos e nobres visitantes do balneario e Gran Hotel que contribuíron decisivamente a transformar Mondariz-Balneario nun reputado centro social, intelectual e cultural en toda Europa. En numerosas ocasións a propia condesa de Pardo Bazán recoñeceu ir a Mondariz a “curarse dos estragos do pensamento e dos males da civilización”.

O proxecto da Fundación
A sinatura deste convenio enmárcase dentro das actividades do proxecto posto en marcha a nivel internacional pola Fundación Mondariz Balneario para a recuperación do esplendor cultural, económico e social que o municipio de Mondariz Balneario tivo nos séculos XIX y XX. Dentro de este ambicioso plan de actuación, a Fundación Mondariz Balneario está desenvolvendo un programa de recuperación da Memoria Histórica de Mondariz Balneario coa finalidade de investigar, recopilar e clasificar todo o material histórico orixinal de Mondariz Balneario.

Entry filed under: Mondariz Balneario. Tags: , , .

O concelleiro socialista en Crecente, Rocha Tirso, reclama a devolución do parque aos veciños de Albeos O PPdeG acusa aos BNG de rexeitar unha proposta para axilizar o proceso de reclamacións dos recursos mineiros da Plisan

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: