O PPdeG acusa aos BNG de rexeitar unha proposta para axilizar o proceso de reclamacións dos recursos mineiros da Plisan

01/10/2009 at 11:43 Deixar un comentario

O BNG rexeitou onte no Parlamento, no marco da Comisión de Industria e Enerxía, unha proposta do PPdeG que instaba á Xunta a resolver á maior brevidade o proceso de reclamacións dos recursos mineiros existentes no ámbito da PLISAN.
Explican os populares que presentaron unha emenda nese sentido a unha iniciativa dos nacionalistas que pretendía a execución dun convenio aprobado polo Goberno bipartito da Xunta pero que non foi asinado polo desacordo da Zona Franca e da Autoridade Portuaria de Vigo co seu contido. “Un desacordo que, malia ser coñecido pola anterior conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, foi aprobado polo Consello da Xunta cando o anterior Goberno estaba en funcións”.

O PPdeG lembra que o visto e práce a dito convenio está pendente do ditame xurídico solicitado para analizar a súa viabilidade legal. Nese sentido, a proposta de emenda do Grupo Parlamentario Popular instaba á Xunta a resolver o proceso á vista dos ditames e coa observancia da máis estricta legalidade, mentres non exista un informe dos servizos xurídicos que diga que hai que aboarlle os dereitos mineiros aos afectados da Plisan.

“Á vista de que o BNG rexeitou a proposta para que a Xunta axilizase o proceso de reclamación dos recursos mineiros, os membros da Comisión 6ª do Grupo Parlamentario Popular votaron en contra a proposición non de lei dos nacionalistas, mentres non exista o devandito informe dos servizos xurídicos da xunta que indique que hai que aboar os dereitos mineiros da Plisan”.

Entry filed under: As Neves, Salvaterra. Tags: , , .

A Fundación Mondariz Balneario e a Real Academia Galega colaboran na recuparación da memoria histórica de Mondariz Cruz Vermella Española en Ponteareas celebra o ‘Día Internacional das Persoas de Idade’

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: