Chega o XII Festival Algazara a Ponteareas

03/10/2009 at 10:19 Deixar un comentario

trebedegrupo1O vindeiro 17 de outubro terá lugar, como xa é costume nestas datas, o Festival Algazara que este ano chega a súa doce edición. A agrupación folclórica Algazara de Celeiros, Ponteareas, contará nesta edición coa participación do grupo tradicional Trébede de Burgos, así como do grupo de Coros e Danzas Tierra Blanca de La Zarza, Badajoz. Ambas agrupacións serán recibidas no concello de Ponteareas polas autoridades o día 17 pola mañá e xa pola tarde participarán no Festvida da agrupación que dará comezo ás 20:30 horas no pavillón dos deportes de Ponteareas, xa que este ano o auditorio está pechado debido ás obras de remodelación. A entrada será de balde.

Agrupación Folclórica Algazara
A Agrupación Folclórica Algazara xurdíu a finais do ano 1997 cando un grupo de amigos decidiron unirse para formar unha asociación que recuperara e difundira os bailes e cancións tradicionais de Galicia, e xa máis concretamente da súa zona, Ponteareas.
A agrupación componse de preto de corenta membros con idades comprendidas entre os seis e os sesenta anos e divídese en tres disciplinas: grupo de baile, gaiteiros e pandereteiras.
Todos os bailes e cancións que interpretan foron recollidas en distintos seráns e concellos de Galicia.
Dende a súa creación a agrupación tivo diferentes actuacións. Nos seus comezos restrixíanse ás localidades máis preto de Ponteareas, como As Neves, Salvaterra, Mondariz ou Vigo entre outros concellos pero, pouco a pouco, o ámbito de actuación foise ampliando ao resto das provincias galegas, así como Portugal. Nos últimos anos teñen realizado varios intercambios con grupos de Asturias, Álava, Zaragoza, Cantabria, Murcia, Valladolid, Vizcaya e, máis recentemente, Burgos e Badajoz.

Todo o repertorio do grupo de baile está composto por bailes recollidos en diversas localidades como Forcarei, Beariz en Ourense ou A Fonsagrada en Lugo.
Así mesmo, todos estes bailes acompáñanse das cancións e pezas musicais que tradicionalmente as acompañaban. Os traxes utilizados realizáronse seguindo os modelos antigos e nalgúns casos recuperáronse prendas orixinais utilizadas por antepasados dalgún dos membros do grupo de baile.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , .

Cores Tourís garantiza o concello das Neves a execución da variante Mondariz Balneario acollerá a I Gala dos Premios ó pequeno comercio

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: