O alcalde de Ponteareas asegura que o PXOM estará listo en dous anos

03/10/2009 at 10:38 Deixar un comentario

O Alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, amosou a súa satisfacción polo fin da situación do IES do Barral, logo do acordo asinado cos propietarios dos terreos, a maquinaria e os obreiros comezaron a traballar, tal e como estaba planificado, para dotar a esta instalación educativa de accesos e servizos básicos.
González Solla salientou que, tal e como manifestara en reiteradas ocasións, a súa intención “era continuar negociando cos propietarios, a pesar do inicio do expediente de expropiación, de cara a conseguir unha solución rápida, eficaz e que puxera fin á situación que estaban a vivir os alumnos e alumnas deste centro e as súas familias”.

O alcalde ponteareán, afirmou que “co acordo acadado, o IES do Barral ten totalmente garantidos os accesos ao centro sen ningún tipo de condicionante e que son os accesos provisionais propostos, dende o comezo, no proxecto educativo”.

Así mesmo, o máximo rexedor rexeitou que o acordo asinado cos propietarios dos terreos, supoña “hipotecar ao Concello” ao ter que realizar este, a urbanización do vial traseiro do Instituto, xa que el mesmo solicitou “aos propietarios dos terreos que o Concello puidese realizar, de xeito inmediato, a urbanización de dito vial de cara a garantir plenamente a mellora dos accesos e a seguridade dos alumnos e alumnas do IES do Barral”.
En todo caso, engadía o alcalde, “se non se aprobara o PXOM no prazo establecido de dous anos e medio, o custe desta obra sería moito menor do que se está a falar xa que, amais de quitarlle o IVE e demais impostos, as obras serían realizadas polo propio Concello, có apoio da Deputación Provincial, e non a través dunha contrata”.

A aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal permitirá que non se dea ningún tipo de problema xa que estará aprobado en tempo e forma, segundo explicou Solla.
O alcalde amosouse optimista a este respecto xa que, dixo, “a aplicación do Anteproxecto de Lei de Medidas Urxentes de Modificación da Lei do Solo 9/2002 permitirá aos concellos unha máis rápida e doada tramitacións dos seus PXOM, ao reducir os prazos e adaptarse á realidade e o urbanismo dos concellos”.
A modificación desta Lei do Solo, engadía o rexedor ponteareán “xa fora solicitada pola FEGAMP á anterior Xunta de Galicia, por unanimidade de todos os seus membros, entre os que se atopan concellos gobernados polo P.P. BNG e PsdeG-PSOE, sen que o Goberno bipartito amosara intención de modificala”.

Por todo iso, explicou González Solla, “o Plan Xeral de Ordenación Municipal estará aprobado nun prazo non superior aos dous anos e medio e esperamos contar co consenso de todos os grupos da Corporación polo beneficio que, para todo os veciños e veciñas, suporía a posta en marcha desta norma por enriba de partidismos ou supostas rendibilidades electorais”.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , .

González Carrera asegura que o grupo que lidera, UCPA, non tivo competencias no caso do IES do Barral MáisBNG comeza a súa andaina no Condado

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: