O BNG considera a Rafael Louzán ‘tan irresponsable’ como Solla no caso do IES do Barral, en Ponteareas

05/10/2009 at 10:31 Deixar un comentario

O BNG de Ponteareas manifestou públicamente as suas felicitacións a todos os afectados, pais e alumnos, do novo IES de Ponteareas que coas suas movilizacións obrigaron ao goberno municipal do PP, presidido por Salvador G. Solla, e a Consellaría de Educación a que a escolarización dos máis de 250 alumnos se realice, tal e como estaban matriculados, no novo Instituto do Barral, construído polo anterior goberno da Xunta.

O BNG, a través do concelleiro Bolívar González, recordou que de novo os pais e alumn@s, como no seu día no Instittuo Pedra de Auga, coa sua movilización “denunciaron os incumprimentos do Alcalde e do goberno do Partido Popular sobre o novo Instituto. Sólo a presión dos afectados fixo mover ao goberno do PP no Concello. Nestes días, os pais tiveron boa ocasión para comprobar o valor das promesas e palabras do Alcalde”, manifestou Bolívar González, que considera ao conxunto do goberno municipal responsable desta situación.

Por outra parte, sobre as recentes declaracións do Presidente da Deputación, Rafael Louzán, que gabou e felicitou ao alcalde, Salvador G. Solla, polas xestións realizadas  sobre o novo Instituto, Bolívar González manifestou, “só quen é tan irresponsable coma él pode considerar que a actuación do alcalde beneficiou aos veciños de Ponteareas.Louzán, como presidente provincial do PP, se tivera un mínimo de respeto polos veciños de Ponteareas e polos afectados do novo IES, en lugar de vir a sacarse a foto o que debía é preocuparse polas responsabilidades democráticas que como partido teñen que asumir por esta nefasta xestión”, declarou Bolívar González

Así mesmo, os nacionalistas aseguran que Louzán e Solla tamén terán que dar conta dos 680.000 euros que a Deputación lle retivo a Ponteareas do plan de obras deste ano, por débedas dende que Salvador G. Solla é alcalde. “As xestións que gaba Louzán estanlle costando aos veciños de Ponteareas millóns de euros e levando ao Concello a quedar sen recursos para atender necesidades básicas como saneamento, nova depuradora, parques e zonas verdes ou de apoio as entidades veciñais, culturais e deportivas”.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , , , .

Rematadas as obras viarias en Queimadelos, Mondariz O Club Bádminton As Neves acada tres vitorias en Estella, Navarra

Deixar un comentario

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds