O Mívico premia a Álvaro León, Xavier Daura e Esteban Navarro (Venga Monjas) e Jairo Boisier na súa 3ª edición

05/10/2009 at 10:51 Deixar un comentario

Venga-Monjas-y-MIVIQUIÑOS“A Nena que tiña unha soa orella” do director venezolano Álvaro León e que conta na produción co galego Rubén Coca, resultou a gañadora no apartado de vídeocreación. A obra, realizada con distintas técnicas de animación, é unha adaptación do conto “La fantástica niña pequeña y la cigüeña pedigueña” de Lucía Etxebarría.

O premio ao mellor ducumentario recaeu na obra “Llamadme Claudia” dos directores Xavier Daura e Esteban Navarro, que asistiron á mostra. Estes dous directores barceloneses forman o grupo cómico Venga Monjas. O humor absurdo deste grupo refléxase neste falso documentario onde nos presentan a vida de Claudia, o actor publicitario que revolucionou o mundo do márketing.

Finalmente, “Vestido” do director chileno Jairo Boisier resultou o gañador no apartado da curtametraxe. Vestido é unha historia de corte minimalista e narrada dende unha visión moi intimista. Como contou o seu director nun vídeo enviado dende Chile “o vídeo narra a historia de dúas personas moi diferentes que teñen un encontro  bastante improbable”.

Esta terceira edición foi valorada dende a organización do MIVICO como un éxito en canto á participación e desenrolo do festival. Exemplo disto foi o interese demostrado polos directores que participaron na programación do  Mivico09, presentes nas tres xornadas do festival, compartindo espazos e experiencia co público e con outros artistas.
Sabela Pernas, directora da videocreación “Tómate o teu tempo” – Jose Luís Soto Ruvalcaba, director do documentario “Autocasting” – Laura García e María Monsalvo, directoras de “01”, Carolina Torres representate da distribuidora “Lolita Peliculitas” encargada da distribuición internacional da curta gañadora “Vestido”, así como os tres directores convidados ao festival no día da súa inauguración (Toño Chouza, Aritz Cibrián e Xavi Ruíz).

Tamén  o aumento de público precibíuse nas actividades paralelas realizadas na noite do venres e sábado e no mediodía do sábado, onde puideron gozar de diferentes propostas musicais.

Advertisements

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , .

Presentación de MáisBNG no Condado Humberto Longueira actuará o sábado día 10 no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


%d bloggers like this: