Presentación de MáisBNG no Condado

05/10/2009 at 10:42 Deixar un comentario

maisbngO pasado sábado 3 de outubro no Pub Liberty de Ponteareas a corrente do Bloque Nacionalista Galego +BNG celebrou un acto de presentación da organización na comarca, no que contou entre outros coa presenza do Portavoz Nacional da corrente, Carlos Aymerich.
No acto falou Sandra Arauxo, Representante da corrente no Consello Nacional e Concelleira en Ponteareas, destacando a importancia da militancia dentroás novas incorporacións e xuventude sen desaproveitar a experiencia dos máis veteranos do BNG.

Outro dos oradores foi Marcos Besada, alcalde de Salceda e membro da Xestora Nacional de MáisBNG, que resaltou o papel dos alcaldes dentro da organización do BNG, posto que son os membros institucionais con máis achegamento aos veciños e veciñas.

Rematou o acto coa intervención do Portavoz no Parlamento e da Xestora Nacional de MáisBNG, Carlos Aymerich, que asegurou que o  obxectivo da corrente é construir o nacionalismo do futuro e converter ao Bloque nun proxecto maioritario, ofrecendo ao pais novas políticas, novos servizos e novas ilusións.

“MáisBNG quere que o Bloque Nacionalista Galego, sexa unha corrente aberta, unitaria e de masas que Galiza precisa”, manifestou Aymerich.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , .

O Club Bádminton As Neves acada tres vitorias en Estella, Navarra O Mívico premia a Álvaro León, Xavier Daura e Esteban Navarro (Venga Monjas) e Jairo Boisier na súa 3ª edición

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: