Grandal asegura que o mal cheiro que hai en Salvaterra ‘ven dunha empresa do polígono industrial’

06/10/2009 at 13:18 Deixar un comentario

O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, recoñece que “ás veces hai mal cheiro na vila que non son debido ao mal funcionamento da depuradora, se non a problemas nunha empresa do polígono industrial. Hai tempo subsanámolos e agora volven producirse”, explica Grandal.

O alcalde manifesta que está “constantemente” en contacto coa empresa para tentar corrixir estes problemas.
Ademais engade que “o Bloque minte ao manifestar que estes cheiros son debidos á falla de mantemento da depuradora, xa que este mantemento estase a facer ben e faino unha das mellores empresas de Vigo”.
Segundo Grandal os vertidos da depuradora ao río Miño están dentro do que manda a lei xa que a Confederación Hidrográfica toma mostras e non comunica ao concello que estes vertidos estean fora da lei.
Por último, manifesta Grandal que aproba que o Bloque denuncie os cheiros que afectan aos veciños pero “outros cheiros e vertidos contaminantes graves ao río Caselas da depuradora de Salceda que afectan aos veciños de Cabreira a diario, tamén veciños de Salvaterra, e non o denuncian porque o alcalde de Salceda é do seu partido, o Bloque”.
Así, Grandal confirma que “esta alcaldía está presentando denuncias sobre estes vertidos e o concello de Salceda non toma medidas”.

Advertisements

Entry filed under: Salvaterra. Tags: , , , , , .

O concello de Ponteareas continúa sen pagar ás historiadoras Delfín Domínguez elixido membro da executiva provincial do PSdeG

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


%d bloggers like this: