O BNG de Salvaterra denuncia os continuados cheiros no casco urbano

06/10/2009 at 13:01 Deixar un comentario

Documentación-012O portavoz do BNG en Salvaterra, Gabriel Martínez, denuncia a existencia de malos cheiros continuados no casco urbano do municipio froito “da falta de mantemento da depuradora da Canuda e dos continuados vertidos ao río Miño sen o tratamento previo que require a normativa actual”. O grupo municipal nacionalista considera “inadmisible a irresponsabilidade ambiental e social do equipo de goberno, especialmente do alcalde, Arturo Grandal e da concelleira de medio ambiente e deputada nacional Marta Valcárcel”.

“Trátase dunha irresponsabilidade ambiental, porque se permite a contaminación do río Miño, no tramo do parque da Canuda en zona REDE NATURA 2000”,  subliña o concelleiro nacionalista. Segundo Gabriel Martínez, esta situación é “máis grave se cabe, tendo en conta o enorme custo que supuxeron as obras deste parque. Semella irónico que o mal cheiro estea preto da área máis mimada do alcalde, que presume de ter un lago artificial pero carecemos de depuradora”, sinala.

Asemade, o edil do BNG asegura que esta situación agrávase “ao saltarse sen ningún tipo de pudor calquera normativa actual referida a augas superficiais e soterradas, entre elas a Directiva europea MARCO DA AUGA 2000/60/CE”. Neste sentido explica que esta directiva establece como obxectivo primeiro “Manter e mellorar o estado ecolóxico das masas de auga (…) e promover a xestión e o uso sostible da auga, baseándoa na protección dos recursos hídricos”.

O portavoz do BNG afirma que se trata tamén dunha “irresponsabilidade social, ao permitir que os veciños e veciñas vivan cos intensos fedores que se espallan por todo o núcleo urbano e afectando ademais a unha zona de baño río abaixo, como é a desembocadura do Tea”.
“O equipo de goberno de Salvaterra mostra unha completa pasividade e total despreocupación pola saúde dos seus veciños e veciñas de Salvaterra”, subliña Martínez. Por outra banda, o responsable nacionalista salienta que esta situación “non é nova”, senón que “xa foi criticada en diversas ocasións polo Bloque, sen que o goberno de Arturo Grandal fixera nada por remedialo”.

Gabriel Martínez lembra que o último contrato formalizado para o control do mantemento da depuradora é do ano 2006, aínda que o goberno municipal sigue pagando arredor de 12.000 euros anuais a unha empresa para que realice estas tarefas de mantemento. “Os feitos demostran que nin a xestión nin os servizos de mantemento son as axeitadas, dado que se producen vertidos ao Miño e que os veciños e veciñas de Salvaterra teñen que soportar malos cheiros”, asegura o responsable nacionalista, quen considera que a concellería correspondente “non leva a cabo o seu traballo de control de correcto mantemento destas instalacións” e o gasto para o seu mantemento “proba unha vez máis a ineficacia do goberno local,  dirixido por Arturo Grandal”.

Entry filed under: Salvaterra. Tags: , , , .

Gran Baile e Campionato de Tute no Centro Cultural Os Muíños de Oliveira, en Ponteareas O concello de Ponteareas continúa sen pagar ás historiadoras

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: