O concello de Ponteareas continúa sen pagar ás historiadoras

06/10/2009 at 13:07 Deixar un comentario

A historiadora María Victoria Martínez Rodríguez, gañadora do IV Premio de Investigación Fermín Bouza Brey convocado polo concello de Ponteareas no ano 2006, denuncia que ese concello continúa incumprindo as bases estipuladas na convocatoria do premio. O actual goberno municipal négase a aboar os 1500 euros que restan do premio en metálico e rexeita a publicación do traballo vencedor titulado “A muller no franquismo. A Sección Feminina en Ponteareas, 1936-1955”, xa rematado e en poder do concello de Ponteareas desde febreiro de 2009.

O goberno que preside Salvador González Solla xa tardara 18 meses en aboar os primeiros 500 euros que financiaban o proxecto de investigación gañador, so entregados cando a historiadora María Victoria Martínez Rodríguez fixo público nos medios de comunicación o non-pagamento do proxecto, o que provocou o atraso de ano e medio no inicio da investigación.

Dáse o caso que xa na anterior convocatoria, a do III Premio de Investigación Fermín Bouza Brey, o gañador, o historiador Ángel Rodríguez Gallardo, sufriu serios problemas para cobrar os 2000 euros totais do premio, ademais de obstáculos na súa investigación, neste caso centrado na represión franquista en Ponteareas durante a Guerra Civil. Eses obstáculos centráronse en restricións no acceso á documentación do arquivo do concello de Ponteareas ou no “desinterese” para a publicación da obra gañadora da que tivo que ocuparse o propio historiador, segundo explica o presidente da Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas, Angel Rodríguez Gallardo.

Desde a Asociación dá Memoria Histórica do 36 de Ponteareas, da que a gañadora é socia e membro destacado, entenden que son os temas tratados nos proxectos gañadores (a represión franquista, a Falanxe feminina e a ditadura franquista) os que impiden que o concello de Ponteareas incumpra as bases da convocatoria, que implica a entrega total de 2000 euros e a súa responsabilidade na publicación do traballo gañador. No caso do traballo de María Victoria Martínez Rodríguez poderíase coñecer por primeira vez a nivel galego cales son as estruturas organizativas do falangismo feminino no concello de Ponteareas e, por extensión, na provincia de Pontevedra.

“Aparentemente non é un problema de diñeiro, xa que a concellaría de Cultura do PP inviste significativas cantidades de diñeiro tanto na organización de festexos desmedidos, como na publicación de obras sobre o patrimonio cultural local, senón un problema de verse na obriga como representantes públicos de cumprir coas bases dun premio que eles mesmos convocaron, que foi concedido por unanimidade por representantes do concello e por destacadas personalidades académicas e que, sobre todo, colócalles fronte ao análise histórica e técnico dunha organización (a Sección Feminina de Falanxe) que é o precedente ideolóxico de moitos dos militantes e das militantes do seu partido”.

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , .

O BNG de Salvaterra denuncia os continuados cheiros no casco urbano Grandal asegura que o mal cheiro que hai en Salvaterra ‘ven dunha empresa do polígono industrial’

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


A %d blogueros les gusta esto: