A Asociación Forestal de Galicia organiza un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas

07/10/2009 at 16:55 Deixar un comentario

A Asociación Forestal de Galicia organiza os vindeiros 9 e 10 outubro en Ponteareas un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas.
Os carballos, o castiñeiro, a nogueira, o bidueiro e o freixo son especies que vexetan moi ben nos nosos mellores solos e que poden chegar a ser moi rendibles para os produtores se se emprega planta de calidade e se poñen en práctica as modernas técnicas de silvicultura.
Tradicionalmente, a maioría das especies frondosas que poboaban os montes galegos tiñan múltiples aplicacións e eran moi apreciadas. A madeira destas árbores era empregada artesanalmente na construción, na elaboración de mobles, ferramentas e apeiros, na carpintería, tanto en interiores como en exteriores e nos talleres de ebanistería. O coidado destas árbores era, ao igual que a súa transformación, un labor artesanal asociado aos traballos agrícolas que se desenvolvían no medio rural. Consumo e produción mantiveron así un certo equilibrio durante moitos séculos.
Na actualidade o III Inventario Forestal Nacional pon de manifesto un importante incremento na superficie galega cuberta de frondosas. Tamén indica que os montes poboados por estas especies atópanse silvicolamente descoidados. Pola súa parte, o alto valor da madeira das principais frondosas nos mercados actuais e a toma de conciencia do seu alto valor ecolóxico, están impulsando a moitos propietarios forestais a realizar plantacións para conseguir producir madeira de alta calidade.

A Asociación Forestal de Galicia co patrocinio da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e os fondos FEADER da Unión Europea, organiza este curso encamiñado a difundir coñecementos sobre a silvicultura das nosas principais frondosas co fin de que os propietarios forestais poidan manexar con garantías de éxito as antigas masas e as novas plantacións. O curso constará de dúas sesións, a primeira delas centrarase na descrición das principais características das especies e a súa xestión silvícola, a segunda está destinada a realizar prácticas no monte que ilustren os contidos teóricos.
A sesión teórica terá lugar na Casa da Cultura A Antorcha de Cristiñade o 9 de outubro ás 19:00 horas. O día 10 ás 10 da mañá farase unha visita a plantacións forestais da zona feitas coas especies tratadas para observar no terreo os aspectos analizados na clase teórica.

O curso será impartido por Julio Ruiz Cagigal, enxeñeiro técnico forestal, director técnico da Asociación Forestal de Galicia con gran experiencia no campo da silvicultura.

Os propietarios forestais, particulares e comunidades de montes, así como expertos e estudantes da comarca interesados en asistir a estas sesións, poderán inscribirse gratuitamente chamando previamente aos números de teléfono 986 660 864 / 981 564 011 / 981 569 140.

Advertisements

Entry filed under: A cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salvaterra. Tags: , , , , .

Delfín Domínguez elixido membro da executiva provincial do PSdeG Cruz Vermella Ponteareas pon en marcha un obradoiro de lecer para persoas maiores en Arcos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


%d bloggers like this: