Comezan as clases no IES do Barral

07/10/2009 at 17:16 Deixar un comentario

Instituto-PonteareasRemontémonos a dous anos atrás, por non ir máis lonxe, cando comezaban as obras do novo instituto de ensinanza secundaria de Ponteareas.
Nese intre a primeira promesa: Redacción do PXOM para dotar de accesos ao IES, recalificar o solo e chegar a un acordo cos propietarios dos terreos necesarios para a construción do novo IES.
Anos despois o PXOM non chegou pero sí o instituto. Unha infraestructura situada nunha illa, sen accesos. Forzando a situación o concello decide que os alumnos accederán polo colexio Ramiro Sabell pero ¿e o resto?.
Aí comeza a segunda parte da trama que leva a uns pais fartos de mentiras a crear unha plataforma de afectados.
O alcalde, Salvador González Solla, convoca un pleno extraordinario para solicitar a expropiación forzosa dos terreos que separan o novo IES da N-120 para conseguir así un acceso provisional para emerxencias mentres non chega o Plan Xeral.
Ao día seguinte un pleno ordinario no que os afectados saen sen obter unha data de escolarización.
O curso escolar xa levaba unha semana de andaina e arredor de vinte alumnos asisten a clase en horario de tarde, algo que a Plataforma rexeita enérxicamente.
Os pais conseguen unha entrevista co Xefe Territorial de Ensino da Xunta, César Pérez Ares e o Secretario Xeral de Educación da Xunta, José Luis Vázquez Fernández. A cita foi na cidade de Pontevedra e a ela tamén acudiron a inspectora encargada da zona de Ponteareas e o alcalde, Salvador González Solla, aínda que segundo o voceiro da Plataforma non tiñan constancia oficial da asistencia do alcalde.
Durante a reunión, explica esta Plataforma,  o alcalde de Ponteareas propuña o acondicionamento do conservatorio municipal para que os arredor de 245 alumnos do IES do Barral cursaran os primeiros meses deste curso escolar.
Arredor de corenta pais e nais asistiron a esta reunión na que Solla asegurou que o conservatorio era unha boa opción porque dispuña de seis aulas grandes baleiras e varias pequenas.
Aseguran os pais que trala reunión a propia inspectora trasladouse ao conservatorio ponteareán para comprobar in situ se era unha opción válida e redactar un informe.
“Pero ao chegar o conservatorio non pintaba tan ben como dicía o alcalde. As aulas non eran suficientes así que quedamos á espera dunha respota e dun informe da inspectora”.
Durante a reunión a inspectora propuxo adiantar unha hora o horario de tarde para sair tamén antes, unha iniciativa que a Plataforma de Afectados rexeitou no momento. Tamén se barallou a variación do calendario escolar retrasando o comezo do curso.
Mentres tanto, a Plataforma de Afectados pola non apertura do IES do Barral, segue coas movilizacións polas rúas de Ponteareas.
O luns día 28 toman o salón de plenos e péchanse nel ata o pleno extraordinario do xoves día 1 de outubro no que Salvador González Solla pide a revocación da expropiación forzosa para logo asinar cos propietarios dos terreos lindantes coa N-120 a cesión dunha parte.
Desconvócase o peche e a maquinaria da Deputación comeza a traballar para garantir que o mércores día 7 os alumnos poidan comezar as clases.
Trala reunión mantida co Xefe Territorial de Ensino na Xunta, César Pérez Ares e a inspectora de Educación da zona do Condado, os pais e nais da Plataforma de Afectados polo IES do Barral aseguran que o responsable de Educación manifesta o seu compromiso e a intención de tomar todas as medidas precisas para recuperar as horas lectivas perdidas.
Nun principio tentarase recuperar o tempo perdido dentro do horario escolar establecido pero non descartan tomar outras medidas, clases de apoio ou ampliación do horario escolar se fose preciso.
En resumo, por fin comezan as clases os máis de 250 mozos afectados procedentes do concello de Covelo e dalgunhas parroquias do concello de Ponteareas. Pero.. ¿grazas a que? Ao esforzo duns pais que durante quince días deberon conciliar vida laboral e familiar co peche nun salón de plenos e a loita polo cumprimento duns dereitos básicos que algúns pretendían obviar.

Advertisements

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , .

A Asociación ‘Os Amigos de Meder’, en Salvaterra, prepara este sábado unha xornada cultural

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


%d bloggers like this: