Cruz Vermella Ponteareas pon en marcha un obradoiro de lecer para persoas maiores en Arcos

07/10/2009 at 16:59 Deixar un comentario

A Asemblea Local de Cruz Vermella de Ponteareas, en colaboración coa Asociación de veciñas e veciños de Arcos, pon en marcha un proxecto dirixido ás persoas maiores desa localidade baseado nun taller de ocio seguindo a liña do proxecto  “É o teu turno” que está en activo desde o ano 2005 na Asemblea de Ponteareas.
O taller terá unha duración de tres meses dando comezo o día 8 de Outubro e rematando o 17 de Decembro. Realizaránse os  xoves de 16:30 a 18:00 horas na Casa Cultural de Arcos.

Este proxecto busca un achegamento paulatino ás persoas maiores que viven nos arredores do núcleo urbano, por medio dunha serie de actividades que intenten mellorar a súa calidade de vida, conservar a axilidade tanto mental como física e favorecer a independencia, así como tamén fomentar as relacións grupais evitando os sentimentos de soidade e abandono social.
Para conseguer isto, as actividades serán combinadas  de xeito que cada semana sexa un taller diferente: manualidades, ximnasia, relaxación e exercizos para a estimulación da memoria e entrenamento cognitivo, ente outras.
Cruz Vermella aposta por un ximnasia Ponte en Forma,impartido tres días a semana durante todo o ano.

Cruz Vermella está presente tamén nos propios domicilios das persoas maiores en situación de dependencia a través dos Acompañamentos. Así mesmo, céntranse moitos esforzos no apoio as persoas coidadoras, na sua maioría mulleres, que dedican gran parte do seu tempo a coidar ós maiores. A organización ofrece programas como o Respiro ou Cambios Posturais e Apoio en Movilizacións.

Por outro lado a nosa institución dótase do servizo de Teleasistencia Domiciliaria. Deste xeito a persoa sentirase máis segura e autónoma frente calquera necesidade xurdida. Este servicio funciona as 24 horas do día, 365 días ó ano.

Para máis información poden dirixirse a:Cruz Vermella Asemblea Local Ponteareas C/ As Pombas s/n Centro Multiusos.
Teléfono: 986641794 / e-mail: ponteareas@cruzroja.es

Advertisements

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , , .

A Asociación Forestal de Galicia organiza un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas Louzán estudará as propostas do alcalde de Mondariz Balneario para o Plan de Investimentos 2009-2011 da Deputación

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


%d bloggers like this: