Delfín Domínguez elixido membro da executiva provincial do PSdeG

07/10/2009 at 16:40 Deixar un comentario

Foto-DelfinO edil ponteareán do Grupo Municipal Socialista, Delfin Domínguez Cerdeira, foi elixido membro da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE, liderada por Modesto Pose.
O congreso provincial celebrado en Pontevedra o pasado sábado día 3 de outubro, foi o primeiro da nova etapa do PSdeG que cambia a estrutura comarcal vixente ate o de agora para adoptar a estrutura provincial, sendo Pontevedra a primeira das provincias galegas en celebrar o seu congreso constituinte.

Neste congreso a delegación da agrupación de Ponteareas encabezada por Francisco Candeira, tivo unha participación moi activa conseguindo que se aprobaran moitas das súas propostas na comisión de estatutos, propostas fundamentalmente políticas sobre o modelo de partido.

Tralo congreso Delfín Dominguez dixo “síntome moi honrado de poder representar a Agrupación de Ponteareas nesta  primeira executiva provincial, que é histórica” . Por outra banda engadíu en relación cos motivos da súa elección “é o recoñecemento ó labor desenvolvido polos socialistas de Ponteareas nos últimos anos, asi como da vontade expresa do noso secretario xeral Francisco Candeira de propoñerme a mín para asumir esa labor”. En relación coas suas novas responsabilidades dixo “tratarei de aportar o meu traballo e a miña intelixencia para lograr un partido máis forte e útil para a sociedade, que responda e dea solucións eficaces ós problemas dos cidadáns”, ademais engadiu “vai ser moi estimulante, traballar conxuntamente con Modesto Pose por quen sinto un especial aprecio”.

Advertisements

Entry filed under: Ponteareas. Tags: , , , .

Grandal asegura que o mal cheiro que hai en Salvaterra ‘ven dunha empresa do polígono industrial’ A Asociación Forestal de Galicia organiza un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


%d bloggers like this: