Louzán estudará as propostas do alcalde de Mondariz Balneario para o Plan de Investimentos 2009-2011 da Deputación

07/10/2009 at 17:02 Deixar un comentario

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, reuníuse esta mañá co alcalde de Mondariz-Balneario, José Antonio Lorenzo, na Casa do Concello desta localidade. Nesta xuntanza Lorenzo trasladoulle ó presidente unha serie de peticións en relación co plan de investimentos 2009-2011 da Deputación neste concello.
Estas peticións recollen sobre todo cuestión relacionadas co saneamento así como necesidades pendentes no concello para poder completar a súa rede de servizos básicos. O presidente, pola súa banda, sinalou que nun curto espazo de tempo a institución provincial analizaría e priorizaría estas propostas, coa intención de recoller o maior número posible delas.
Despois desta xuntanza o Presidente puido visitar a Fundación Augas de Mondariz e facer un percorrido pola localidade, que definiu como a vila temal máis importante de Galicia, destacando a súa importancia turística.
Nesta liña de colaboración entre a Deputación e o Concello, e coa intención de reforzar o papel da vila termal como foro de encontro de xentes e cultura, a institución provincial colabora na realización do Festival de Jazz de Mondariz-Balneario, que terá lugar do 9 ó 12 de outubro no propio Hotel Balneario da vila.

Advertisements

Entry filed under: Mondariz Balneario. Tags: , , .

Cruz Vermella Ponteareas pon en marcha un obradoiro de lecer para persoas maiores en Arcos A Asociación ‘Os Amigos de Meder’, en Salvaterra, prepara este sábado unha xornada cultural

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds


%d bloggers like this: