Posts filed under ‘Ponteareas’

Comezan as clases no IES do Barral

Instituto-PonteareasRemontémonos a dous anos atrás, por non ir máis lonxe, cando comezaban as obras do novo instituto de ensinanza secundaria de Ponteareas.
Nese intre a primeira promesa: Redacción do PXOM para dotar de accesos ao IES, recalificar o solo e chegar a un acordo cos propietarios dos terreos necesarios para a construción do novo IES. (máis…)

Advertisements

07/10/2009 at 17:16 Deixar un comentario

Cruz Vermella Ponteareas pon en marcha un obradoiro de lecer para persoas maiores en Arcos

A Asemblea Local de Cruz Vermella de Ponteareas, en colaboración coa Asociación de veciñas e veciños de Arcos, pon en marcha un proxecto dirixido ás persoas maiores desa localidade baseado nun taller de ocio seguindo a liña do proxecto  “É o teu turno” que está en activo desde o ano 2005 na Asemblea de Ponteareas. (máis…)

07/10/2009 at 16:59 Deixar un comentario

A Asociación Forestal de Galicia organiza un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas

A Asociación Forestal de Galicia organiza os vindeiros 9 e 10 outubro en Ponteareas un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas. (máis…)

07/10/2009 at 16:55 Deixar un comentario

Delfín Domínguez elixido membro da executiva provincial do PSdeG

Foto-DelfinO edil ponteareán do Grupo Municipal Socialista, Delfin Domínguez Cerdeira, foi elixido membro da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE, liderada por Modesto Pose. (máis…)

07/10/2009 at 16:40 Deixar un comentario

O concello de Ponteareas continúa sen pagar ás historiadoras

A historiadora María Victoria Martínez Rodríguez, gañadora do IV Premio de Investigación Fermín Bouza Brey convocado polo concello de Ponteareas no ano 2006, denuncia que ese concello continúa incumprindo as bases estipuladas na convocatoria do premio. O actual goberno municipal négase a aboar os 1500 euros que restan do premio en metálico e rexeita a publicación do traballo vencedor titulado “A muller no franquismo. A Sección Feminina en Ponteareas, 1936-1955”, xa rematado e en poder do concello de Ponteareas desde febreiro de 2009. (máis…)

06/10/2009 at 13:07 Deixar un comentario

Gran Baile e Campionato de Tute no Centro Cultural Os Muíños de Oliveira, en Ponteareas

O Centro Cultural Os Muíños de Santiago de Oliveira organiza tódolos venres ás doce da noite un Gran Baile amenizado polo dúo Alameda. (máis…)

05/10/2009 at 11:54 Deixar un comentario

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo acada o 1º Premio no IX certame provincial de bandas

Foto-Banda--Xinzo-con-CesarA Banda de Música Xuvenil de Xinzo ven de acadar o 1º Premio outorgado polo xurado do IX  Certame Provincial de Bandas de Música que organiza a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, Sección Segunda, celebrado este sábado na cidade de Pontevedra. (máis…)

05/10/2009 at 11:17 Deixar un comentario

Artigos máis antigos


Categorías

Feeds