Posts filed under ‘Salvaterra’

A Asociación ‘Os Amigos de Meder’, en Salvaterra, prepara este sábado unha xornada cultural

A Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa ‘Os Amigos’ de Meder, en colaboración co Concello de Salvaterra, organiza este sábado 10 de outubro unha ‘Xornada Cultural’ na Casa da Cultura desta parroquia. (máis…)

07/10/2009 at 17:08 Deixar un comentario

A Asociación Forestal de Galicia organiza un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas

A Asociación Forestal de Galicia organiza os vindeiros 9 e 10 outubro en Ponteareas un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas. (máis…)

07/10/2009 at 16:55 Deixar un comentario

Grandal asegura que o mal cheiro que hai en Salvaterra ‘ven dunha empresa do polígono industrial’

O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, recoñece que “ás veces hai mal cheiro na vila que non son debido ao mal funcionamento da depuradora, se non a problemas nunha empresa do polígono industrial. Hai tempo subsanámolos e agora volven producirse”, explica Grandal. (máis…)

06/10/2009 at 13:18 Deixar un comentario

O BNG de Salvaterra denuncia os continuados cheiros no casco urbano

Documentación-012O portavoz do BNG en Salvaterra, Gabriel Martínez, denuncia a existencia de malos cheiros continuados no casco urbano do municipio froito “da falta de mantemento da depuradora da Canuda e dos continuados vertidos ao río Miño sen o tratamento previo que require a normativa actual”. (máis…)

06/10/2009 at 13:01 Deixar un comentario

A Escola de Canteiros convoca 20 bolsas de estudos dotadas con 1.000 euros cada unha

A Escola de Canteiros convoca para este novo curso 20 bolsas de estudos dotadas con 1.000 euros cada unha. Poderán optar a estas axudas aqueles alumnos que xa estean matriculados na Escola pero tamén calquera persoa que resida actualmente na provincia de Pontevedra. (máis…)

03/10/2009 at 09:38 Deixar un comentario

O PPdeG acusa aos BNG de rexeitar unha proposta para axilizar o proceso de reclamacións dos recursos mineiros da Plisan

O BNG rexeitou onte no Parlamento, no marco da Comisión de Industria e Enerxía, unha proposta do PPdeG que instaba á Xunta a resolver á maior brevidade o proceso de reclamacións dos recursos mineiros existentes no ámbito da PLISAN. (máis…)

01/10/2009 at 11:43 Deixar un comentario

Presentación do MÍVICO´09 na FNAC da Coruña

O Xoves 1 de Outubro as 19:30 h. o MÍVICO’09 presentará na FNAC de A Coruña a súa programación que,do Venres 2 ata o Domingo 4, tinguirá Ponteareas co millor do panorama audiovisual internacional. (máis…)

01/10/2009 at 11:11 Deixar un comentario

As UXFOR de Galicia reuniránse o vindeiro 25 de outubro

O pasado sábado 26 de setembro, convocadas por persoas representantes da Uxfor “Fonte das Meigas” en Arcos, concello de Chantada, reuníronse as comisións de propietarias e propietarios das Uxfor, “ás que a Consellaría do Medio Rural abandonou tras rachar cos compromisos que asinaran co anterior goberno”. (máis…)

01/10/2009 at 11:05 Deixar un comentario

Louzán anuncia a creación da primeira oficina provincial de consumo en Galicia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a Directora do Instituto Galego de Consumo, Nava Castro, asinaron esta mañá o convenio que vinculará as dúas institucións no desenvolvemento dun proxecto conxunto para a mellora dos servizos de atención o cidadán, por valor de 75.000 euros. (máis…)

01/10/2009 at 11:01 Deixar un comentario

O alcalde de Salvaterra asegura que o concello ‘non está mal económicamente’

O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, manifesta que “o concello solicitou os prestamos bancarios como a maioría dos concellos galegos, contando cos informes favorables de Intervención, xa que cumpren coa Lei. Se o concello estivese tan mal economicamente como dí o Bloque, non se podería solicitar nin os concederían”. (máis…)

29/09/2009 at 10:16 Deixar un comentario

Artigos máis antigos


Categorías

Feeds