O concello de Ponteareas continúa sen pagar ás historiadoras

A historiadora María Victoria Martínez Rodríguez, gañadora do IV Premio de Investigación Fermín Bouza Brey convocado polo concello de Ponteareas no ano 2006, denuncia que ese concello continúa incumprindo as bases estipuladas na convocatoria do premio. O actual goberno municipal négase a aboar os 1500 euros que restan do premio en metálico e rexeita a publicación do traballo vencedor titulado “A muller no franquismo. A Sección Feminina en Ponteareas, 1936-1955”, xa rematado e en poder do concello de Ponteareas desde febreiro de 2009. (máis…)

Advertisements

06/10/2009 at 13:07 Deixar un comentario

O BNG de Salvaterra denuncia os continuados cheiros no casco urbano

Documentación-012O portavoz do BNG en Salvaterra, Gabriel Martínez, denuncia a existencia de malos cheiros continuados no casco urbano do municipio froito “da falta de mantemento da depuradora da Canuda e dos continuados vertidos ao río Miño sen o tratamento previo que require a normativa actual”. (máis…)

06/10/2009 at 13:01 Deixar un comentario

Gran Baile e Campionato de Tute no Centro Cultural Os Muíños de Oliveira, en Ponteareas

O Centro Cultural Os Muíños de Santiago de Oliveira organiza tódolos venres ás doce da noite un Gran Baile amenizado polo dúo Alameda. (máis…)

05/10/2009 at 11:54 Deixar un comentario

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo acada o 1º Premio no IX certame provincial de bandas

Foto-Banda--Xinzo-con-CesarA Banda de Música Xuvenil de Xinzo ven de acadar o 1º Premio outorgado polo xurado do IX  Certame Provincial de Bandas de Música que organiza a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, Sección Segunda, celebrado este sábado na cidade de Pontevedra. (máis…)

05/10/2009 at 11:17 Deixar un comentario

Humberto Longueira actuará o sábado día 10 no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas

A-EXCEPCION3A obra de teatro “A excepción é a regra” visita o Centro Artístico Sportivo de Ponteareas o vindeiro sábado día 10 de outubro.A representación teatral será ás 20:30 horas. (máis…)

05/10/2009 at 11:01 Deixar un comentario

O Mívico premia a Álvaro León, Xavier Daura e Esteban Navarro (Venga Monjas) e Jairo Boisier na súa 3ª edición

Venga-Monjas-y-MIVIQUIÑOS“A Nena que tiña unha soa orella” do director venezolano Álvaro León e que conta na produción co galego Rubén Coca, resultou a gañadora no apartado de vídeocreación. A obra, realizada con distintas técnicas de animación, é unha adaptación do conto “La fantástica niña pequeña y la cigüeña pedigueña” de Lucía Etxebarría. (máis…)

05/10/2009 at 10:51 Deixar un comentario

Presentación de MáisBNG no Condado

maisbngO pasado sábado 3 de outubro no Pub Liberty de Ponteareas a corrente do Bloque Nacionalista Galego +BNG celebrou un acto de presentación da organización na comarca, no que contou entre outros coa presenza do Portavoz Nacional da corrente, Carlos Aymerich. (máis…)

05/10/2009 at 10:42 Deixar un comentario

Artigos máis antigos Artigos máis recentes


Categorías

Feeds