Posts tagged ‘cultura’

A Asociación ‘Os Amigos de Meder’, en Salvaterra, prepara este sábado unha xornada cultural

A Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa ‘Os Amigos’ de Meder, en colaboración co Concello de Salvaterra, organiza este sábado 10 de outubro unha ‘Xornada Cultural’ na Casa da Cultura desta parroquia. (máis…)

07/10/2009 at 17:08 Deixar un comentario

O concello de Ponteareas continúa sen pagar ás historiadoras

A historiadora María Victoria Martínez Rodríguez, gañadora do IV Premio de Investigación Fermín Bouza Brey convocado polo concello de Ponteareas no ano 2006, denuncia que ese concello continúa incumprindo as bases estipuladas na convocatoria do premio. O actual goberno municipal négase a aboar os 1500 euros que restan do premio en metálico e rexeita a publicación do traballo vencedor titulado “A muller no franquismo. A Sección Feminina en Ponteareas, 1936-1955”, xa rematado e en poder do concello de Ponteareas desde febreiro de 2009. (máis…)

06/10/2009 at 13:07 Deixar un comentario

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo acada o 1º Premio no IX certame provincial de bandas

Foto-Banda--Xinzo-con-CesarA Banda de Música Xuvenil de Xinzo ven de acadar o 1º Premio outorgado polo xurado do IX  Certame Provincial de Bandas de Música que organiza a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, Sección Segunda, celebrado este sábado na cidade de Pontevedra. (máis…)

05/10/2009 at 11:17 Deixar un comentario

Humberto Longueira actuará o sábado día 10 no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas

A-EXCEPCION3A obra de teatro “A excepción é a regra” visita o Centro Artístico Sportivo de Ponteareas o vindeiro sábado día 10 de outubro.A representación teatral será ás 20:30 horas. (máis…)

05/10/2009 at 11:01 Deixar un comentario

Concluídas as obras de construción do auditorio de Ribadetea, en Ponteareas

O concello de Ponteareas vén de dar por concluídas ás obras de construción do auditorio de Ribadetea, que supuxeron un investimento de 176.511,67 euros e que foi construído a carón do Centro Cultural desta parroquia ponteareá. (máis…)

21/09/2009 at 15:38 Deixar un comentario


Categorías

Feeds