Posts tagged ‘cursos’

Salvaterra acollerá un curso de ‘Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio’

A Xunta de Goberno, na súa sesión de 23 de setembro, acordou sacar a contratación a adxudicación da organización e impartición de diversos cursos incluídos no proxecto Aquelando II. A finalidade destas actividades formativas é facilitar a inserción sociolaboral de colectivos con especiais dificultades de acceso ó mercado de traballo no sector servizos de atención a persoas. (máis…)

Advertisements

25/09/2009 at 09:43 Deixar un comentario

Cruz Vermella Ponteareas organiza un curso de primeiros auxilios

Cruz Vermella Española celebrará un Curso de Primeiros Auxilios nas instalacións do Centro Multiusos, en Ponteareas. O curso comezará o vindeiro 19 de Setembro e desenvolverase os días 26 do mesmo mes e 3, 10 e 17 de Outubro.
A acción formativa, destinada á poboación en xeral, consta de 40 horas teóricas e prácticas, desenvolvidas en 10 módulos que se levarán a cabo en horario de 10h a 14h e de 16h a 20h. (máis…)

08/09/2009 at 09:29 Deixar un comentario


Categorías

Feeds