Posts tagged ‘Educación’

O BNG considera a Rafael Louzán ‘tan irresponsable’ como Solla no caso do IES do Barral, en Ponteareas

O BNG de Ponteareas manifestou públicamente as suas felicitacións a todos os afectados, pais e alumnos, do novo IES de Ponteareas que coas suas movilizacións obrigaron ao goberno municipal do PP, presidido por Salvador G. Solla, e a Consellaría de Educación a que a escolarización dos máis de 250 alumnos se realice, tal e como estaban matriculados, no novo Instituto do Barral, construído polo anterior goberno da Xunta. (máis…)

05/10/2009 at 10:31 Deixar un comentario

Louzán comprometeu hoxe en Ponteareas que o parque de maquinaria da Deputación rematará o acceso ao novo instituto do Barral o vindeiro luns

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, comprometeu hoxe en Ponteareas que as obras do acceso ó Instituto de Barral estarán rematadas o luns, unha vez que o alcalde, Salvador González Solla, acadou un acordo cos propietarios dos terreos e que o Parque de Maquinaria da institución provincial iniciase hoxe os traballos. (máis…)

01/10/2009 at 12:04 Deixar un comentario

Os pais e nais afectados polo IES do Barral seguirán pechados no salón de plenos do concello de Ponteareas

“Sitiado”, así está o salón de plenos do concello de Ponteareas dende a mañá de onte luns 28 de setembro. As nais, pais e alumnos afectados pola non apertura do Instituto de Ensino Secundario do Barral decidiron onte tomar o salón de plenos do concello de Ponteareas ata que a Consellería de Educación lles ofreza unha alternativa de escolarización distinta ao horario de tarde que uns poucos dos afectados están a facer no Instituto Val do Tea. (máis…)

29/09/2009 at 11:46 Deixar un comentario

Esquerda Unida pide a dimisión de toda a corporación de Ponteareas

EU-IU solidarizase co alunnado, nais e pais afectados polo conflicto do novo IES na súa ocupación das dependencias do Concello.EU-IU lamenta que a Consellería non resolvera ata agora unha solución alternativa á “ilegal escolarizacion pola tarde e con reduccion horaria que deseñaron”.EU-IU pide a dimisión de toda a corporación, do delegado de educación e que a administaración de Xusticia tome o control do concello de Ponteareas, publicando de inmediato os convenios asinados que “ata agora se manteñen en segredo”.

29/09/2009 at 10:21 Deixar un comentario

O BNG demanda no Parlamento Galego que a Xunta escolarice en horario de mañá ao alumnado do novo IES de Ponteareas

A deputada do BNG pola provincia de Pontevedra e portavoz na Comisión de Educación do Parlamento Galego, Carme Adán, ven de prensentar unha iniciativa na que lle demanda á Xunta que, mentres duren as obras, escolarize en horario de mañá ao alumnado do novo IES Ponteareas “nunhas instalacións que cumpran as condicións necesarias”. (máis…)

29/09/2009 at 10:12 Deixar un comentario

Nais, pais e alumnos afectados polo IES do Barral péchanse no salón de plenos do concello de Ponteareas

A Plataforma de Afectados do Novo  IES de Ponteareas e os alumnos afectados permanecen pechados no salón de plenos do concello de Ponteareas ata que se solucione o problema da escolarización. (máis…)

28/09/2009 at 16:21 Deixar un comentario

A Plataforma de Afectados polo IES do Barral convoca unha manifestación para hoxe ás 19:30 horas

manifestación-barralA Federación de Pais e Nais de Ponteareas anima a todos os pais es nais de Ponteareas a que participen mañá venres 25, na manifestación que convoca a Plataforma de Afectados que partirá do Instituto Val do Tea ás 19.30h. (máis…)

25/09/2009 at 10:28 Deixar un comentario

Artigos máis antigos


Categorías

Feeds