Posts tagged ‘ensinanza’

O BNG amosa o seu apoio aos pais e nais de Ponteareas afectados polos problemas do Instituto do Barral

bng-extraordinarioO BNG presentou varias iniciativas no Parlamento Galego para que a Xunta de Galiza interveña e busque solucións. Deste xeito Carme Adán reunirase este venres coa ANPA do centro. (máis…)

Advertisements

25/09/2009 at 09:54 Deixar un comentario

O pleno de Ponteareas aproba por unanimidade o inicio do expediente de expropiación dos terreos que dan acceso ao IES do Barral

O Pleno Extraordinario da Corporación Municipal de Ponteareas, reunido ao mediodía do mércores en sesión extraordinaria e urxente, aprobou, por unanimidade dos concelleiros asistentes, solicitar da Xunta de Galicia a Declaración de Urxente Ocupación de Bens, que aseguren o acceso e dotación de servizos básicos ao IES do Barral, mediante expropiación urxente e forzosa dos terreos precisos. (máis…)

24/09/2009 at 09:43 Deixar un comentario

O concello de Ponteareas solicitará a expropiación dos terreos de acceso ao novo IES

O Concello de Ponteareas, ante o problema xurdido no IES do Barral,asegura que “despois dos continuos contactos mantidos cos propietarios dos terreos para achegar os servizos básicos ao IES do Barral e dotar ao mesmo duns accesos que garantan debidamente a seguridade dos usuarios e usuarias, e sen posibilidade algunha de chegar a un acordo con ditos propietarios, anuncia o inicio de todos os trámites precisos para solicitar, perante a Xunta de Galicia, a Declaración de Urxente Ocupación de Bens, que aseguren o acceso e dotación de servizos básicos ao IES do Barral, mediante expropiación urxente e forzosa dos terreos precisos”. (máis…)

23/09/2009 at 09:41 Deixar un comentario

O BNG pedirá explicacións sobre o novo IES no pleno do xoves

O BNG de Ponteareas pedirá no pleno ordinario do xoves día 24 que o alcalde e o concelleiro de ensino expliquen os compromisos adquiridos polo Concelllo, ante a Comisión Superior de Urbanismo de Galiza, a Consellaría de Educación e os propietarios dos terreos do novo IES do Barral coas datas destes acordos. (máis…)

23/09/2009 at 09:38 Deixar un comentario

Esquerda Unida califica de ‘chapuza’ a cesión dos terreos para o novo IES de Ponteareas

novo-ies

Con data 7 de xullo do 2006  dende EU-IU valoraban o convenio de cesión dos terreos no Barral para o novo instituto como “unha chapuza administrativa e cesión fraudulenta; cesión que foi aprobada por unanimidade dos catro grupos da corporación  (UCPA, PP, BNG, PSOE) no pleno celebrado o día 13-9-05”, segundo explica executiva local de EU-IU. (máis…)

16/09/2009 at 10:04 Deixar un comentario


Categorías

Feeds