Posts tagged ‘ensino’

Comezan as clases no IES do Barral

Instituto-PonteareasRemontémonos a dous anos atrás, por non ir máis lonxe, cando comezaban as obras do novo instituto de ensinanza secundaria de Ponteareas.
Nese intre a primeira promesa: Redacción do PXOM para dotar de accesos ao IES, recalificar o solo e chegar a un acordo cos propietarios dos terreos necesarios para a construción do novo IES. (máis…)

07/10/2009 at 17:16 Deixar un comentario

O BNG considera a Rafael Louzán ‘tan irresponsable’ como Solla no caso do IES do Barral, en Ponteareas

O BNG de Ponteareas manifestou públicamente as suas felicitacións a todos os afectados, pais e alumnos, do novo IES de Ponteareas que coas suas movilizacións obrigaron ao goberno municipal do PP, presidido por Salvador G. Solla, e a Consellaría de Educación a que a escolarización dos máis de 250 alumnos se realice, tal e como estaban matriculados, no novo Instituto do Barral, construído polo anterior goberno da Xunta. (máis…)

05/10/2009 at 10:31 Deixar un comentario

O mércores 7 de outubro os alumnos comezarán as clases no IES do Barral, Ponteareas

iesTrala reunión mantida co Xefe Territorial de Ensino na Xunta, César Pérez Ares e a inspectora de Educación da zona do Condado, os pais e nais da Plataforma de Afectados polo IES do Barral amosan a súa satisfacción ante o comezo das obras de acceso ao novo IES que posibilitarán o comezo do curso. (máis…)

03/10/2009 at 10:54 Deixar un comentario

O alcalde de Ponteareas asegura que o PXOM estará listo en dous anos

O Alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, amosou a súa satisfacción polo fin da situación do IES do Barral, logo do acordo asinado cos propietarios dos terreos, a maquinaria e os obreiros comezaron a traballar, tal e como estaba planificado, para dotar a esta instalación educativa de accesos e servizos básicos. (máis…)

03/10/2009 at 10:38 Deixar un comentario

González Carrera asegura que o grupo que lidera, UCPA, non tivo competencias no caso do IES do Barral

O primeiro tenente de alcalde do Concello de Ponteareas, concelleiro de Vías e Obras e portavoz do Grupo Municipal da UCPA; Juan Carlos González Carrera, ante o conflito xurdido no IES do Barral, manifesta a súa satisfacción polo acordo acadado cos propietarios dos terreos precisos para dotar ao centro de accesos e servizos, que permite a posta en marcha deste centro e a correcta escolarización dos alumnos. (máis…)

03/10/2009 at 10:32 Deixar un comentario

A Escola de Canteiros convoca 20 bolsas de estudos dotadas con 1.000 euros cada unha

A Escola de Canteiros convoca para este novo curso 20 bolsas de estudos dotadas con 1.000 euros cada unha. Poderán optar a estas axudas aqueles alumnos que xa estean matriculados na Escola pero tamén calquera persoa que resida actualmente na provincia de Pontevedra. (máis…)

03/10/2009 at 09:38 Deixar un comentario

Nais e pais da Plataforma de Afectados polos IES do Barral abandonan o encerro no salón de plenos de Ponteareas

fachada-concello-ponteareasOs pais e nais da Plataforma de Afectados pola non apertura do IES do Barral, en Ponteareas, seguirán abandonaron o salón de plenos no que levaban pechados dende o luns día 28  pero seguirán vixiando de preto as obras de acceso que hoxe comezaban tras chegar a un acordo o concello e os propietarios dos terreos lindantes coa N-120. (máis…)

01/10/2009 at 12:33 Deixar un comentario

Louzán comprometeu hoxe en Ponteareas que o parque de maquinaria da Deputación rematará o acceso ao novo instituto do Barral o vindeiro luns

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, comprometeu hoxe en Ponteareas que as obras do acceso ó Instituto de Barral estarán rematadas o luns, unha vez que o alcalde, Salvador González Solla, acadou un acordo cos propietarios dos terreos e que o Parque de Maquinaria da institución provincial iniciase hoxe os traballos. (máis…)

01/10/2009 at 12:04 Deixar un comentario

Os pais e nais afectados polo IES do Barral seguirán pechados no salón de plenos do concello de Ponteareas

“Sitiado”, así está o salón de plenos do concello de Ponteareas dende a mañá de onte luns 28 de setembro. As nais, pais e alumnos afectados pola non apertura do Instituto de Ensino Secundario do Barral decidiron onte tomar o salón de plenos do concello de Ponteareas ata que a Consellería de Educación lles ofreza unha alternativa de escolarización distinta ao horario de tarde que uns poucos dos afectados están a facer no Instituto Val do Tea. (máis…)

29/09/2009 at 11:46 Deixar un comentario

Esquerda Unida pide a dimisión de toda a corporación de Ponteareas

EU-IU solidarizase co alunnado, nais e pais afectados polo conflicto do novo IES na súa ocupación das dependencias do Concello.EU-IU lamenta que a Consellería non resolvera ata agora unha solución alternativa á “ilegal escolarizacion pola tarde e con reduccion horaria que deseñaron”.EU-IU pide a dimisión de toda a corporación, do delegado de educación e que a administaración de Xusticia tome o control do concello de Ponteareas, publicando de inmediato os convenios asinados que “ata agora se manteñen en segredo”.

29/09/2009 at 10:21 Deixar un comentario

Artigos máis antigos


Categorías

Feeds