Posts tagged ‘escola’

A Escola de Canteiros convoca 20 bolsas de estudos dotadas con 1.000 euros cada unha

A Escola de Canteiros convoca para este novo curso 20 bolsas de estudos dotadas con 1.000 euros cada unha. Poderán optar a estas axudas aqueles alumnos que xa estean matriculados na Escola pero tamén calquera persoa que resida actualmente na provincia de Pontevedra. (máis…)

Advertisements

03/10/2009 at 09:38 Deixar un comentario

A ANPA do Ramiro Sabell, en Ponteareas, suspenderá as clases por falta de limpeza no centro escolar

A ANPA do colexio Ramiro Sabell Mosquera quere denunciar a falta de limpeza no centro educativo.Desde o curso anterior aseguran ter denunciado en diversas ocasións a falta de limpeza neste centro. (máis…)

18/09/2009 at 09:26 Deixar un comentario

Ponteareas pon en marcha o programa de apoio escolar a discapacitados

A Concellería de Servizos Sociais, que dirixe o primeiro tenente de alcalde do concello ponteareán, Juan Carlos González Carrera, en colaboración coa Concellería de Educación, responsabilidade de José Iglesias Fernández, veñen de poñer en marcha, de xeito conxunto, a iniciativa denominada “Programa de Apoio a nenos e nenas con discapacidade” e que, neste curso escolar, comezou a funcionar nas escolas unitarias de Ganade e Ribadetea. (máis…)

15/09/2009 at 11:50 Deixar un comentario

Aberto o prazo de inscrición para o plan ‘Madruga’ nos centros escolares de Ponteareas

A Concellería de Educación do Concello de Ponteareas, que dirixe José Iglesias Fernández, porá en marcha nos tres colexios públicos ponteareáns e por terceiro ano consecutivo, o denominado “Plan Madruga” que ten como obxectivo básico permitir a conciliación da vida laboral coa familiar. (máis…)

08/09/2009 at 09:27 Deixar un comentario


Categorías

Feeds