Posts tagged ‘formación’

Crónica dun problema anunciado. Suspéndese o pleno ante as réplicas dos afectados

Deste xeito remataba o pleno ordinario celebrado onte en Ponteareas. Logo dunha hora e media de debate e de “mitíns” das distintas forzas políticas, os pais e nais dos alumnos afectados pola non apertura do Instituto do Barral marcharon para as súas casas sen ningún tipo de resposta que lles aclarase cando e como ía a abrir o novo instituto. Sen alternativa ningunha ao horario de tarde que uns poucos nenos están facendo no Val do Tea as nais e pais reclamaron dende o público un horario digno e unha solución urxente ao Instituto do Barral. (máis…)

Advertisements

25/09/2009 at 10:49 Deixar un comentario

O BNG amosa o seu apoio aos pais e nais de Ponteareas afectados polos problemas do Instituto do Barral

bng-extraordinarioO BNG presentou varias iniciativas no Parlamento Galego para que a Xunta de Galiza interveña e busque solucións. Deste xeito Carme Adán reunirase este venres coa ANPA do centro. (máis…)

25/09/2009 at 09:54 Deixar un comentario

Salvaterra acollerá un curso de ‘Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio’

A Xunta de Goberno, na súa sesión de 23 de setembro, acordou sacar a contratación a adxudicación da organización e impartición de diversos cursos incluídos no proxecto Aquelando II. A finalidade destas actividades formativas é facilitar a inserción sociolaboral de colectivos con especiais dificultades de acceso ó mercado de traballo no sector servizos de atención a persoas. (máis…)

25/09/2009 at 09:43 Deixar un comentario


Categorías

Feeds