Posts tagged ‘instituto’

Os pais e nais afectados polo IES do Barral seguirán pechados no salón de plenos do concello de Ponteareas

“Sitiado”, así está o salón de plenos do concello de Ponteareas dende a mañá de onte luns 28 de setembro. As nais, pais e alumnos afectados pola non apertura do Instituto de Ensino Secundario do Barral decidiron onte tomar o salón de plenos do concello de Ponteareas ata que a Consellería de Educación lles ofreza unha alternativa de escolarización distinta ao horario de tarde que uns poucos dos afectados están a facer no Instituto Val do Tea. (máis…)

Advertisements

29/09/2009 at 11:46 Deixar un comentario

Candeira urxe o inicio das clases no IES do Barral, Ponteareas

Diante do anuncio do alcalde de Ponteareas de proceder a unha expropiación forzosa como  solución ó problema de inicio de curso no IES do Barral, o PSOE quere puntualizar que “se a solución pasa pola expropiación, esta debería terse realizado durante os últimos tres anos con tempo abondo para que se puidese iniciar o curso con normalidade”. (máis…)

23/09/2009 at 09:46 Deixar un comentario

O concello de Ponteareas solicitará a expropiación dos terreos de acceso ao novo IES

O Concello de Ponteareas, ante o problema xurdido no IES do Barral,asegura que “despois dos continuos contactos mantidos cos propietarios dos terreos para achegar os servizos básicos ao IES do Barral e dotar ao mesmo duns accesos que garantan debidamente a seguridade dos usuarios e usuarias, e sen posibilidade algunha de chegar a un acordo con ditos propietarios, anuncia o inicio de todos os trámites precisos para solicitar, perante a Xunta de Galicia, a Declaración de Urxente Ocupación de Bens, que aseguren o acceso e dotación de servizos básicos ao IES do Barral, mediante expropiación urxente e forzosa dos terreos precisos”. (máis…)

23/09/2009 at 09:41 Deixar un comentario

O BNG pedirá explicacións sobre o novo IES no pleno do xoves

O BNG de Ponteareas pedirá no pleno ordinario do xoves día 24 que o alcalde e o concelleiro de ensino expliquen os compromisos adquiridos polo Concelllo, ante a Comisión Superior de Urbanismo de Galiza, a Consellaría de Educación e os propietarios dos terreos do novo IES do Barral coas datas destes acordos. (máis…)

23/09/2009 at 09:38 Deixar un comentario

Constitúese a Plataforma de Afectados do Novo Ies de Ponteareas

ies-novoO venres 18 de setembro nunha asamblea de pais e nais afectados polo Novo Ies constituíuse unha Pplataforma para revindicar a solución inmediata da apertura do novo centro. (máis…)

21/09/2009 at 16:04 Deixar un comentario

Nós-Unidade Popular chama ás nais, pais e profesorado a mobilizarse pola non apertura do novo insitituto en Ponteareas

“Comeza o curso escolar e político e en Ponteareas centos de mozos padecen as consecuencias do desinterese de PP e UCPA por unha cuestión tan importante na vida de toda persoa como o é a formación”, explica a Assembleia Comarcal de Nós-Unidade Popular do Condado. (máis…)

21/09/2009 at 15:27 Deixar un comentario

O PSOE pide a dimisión do alcalde de Ponteareas ao non abrir o novo instituto

psoeO portavoz socialista de Ponteareas, Francisco Candeira, esixíu a dimisión do alcalde Salvador Gonzalez Solla, pola súa xestión “nefasta e a súa deixadez  para cumprir a  parte que lle corresponde ó concello de dotar ó novo instituto de auga, saneamento e luz eléctrica, así como de acceso para os alumnos. (máis…)

17/09/2009 at 09:26 Deixar un comentario

Artigos máis antigos


Categorías

Feeds