Posts tagged ‘medio ambiente’

A Asociación Forestal de Galicia organiza un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas

A Asociación Forestal de Galicia organiza os vindeiros 9 e 10 outubro en Ponteareas un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas. (máis…)

Advertisements

07/10/2009 at 16:55 Deixar un comentario

Grandal asegura que o mal cheiro que hai en Salvaterra ‘ven dunha empresa do polígono industrial’

O alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, recoñece que “ás veces hai mal cheiro na vila que non son debido ao mal funcionamento da depuradora, se non a problemas nunha empresa do polígono industrial. Hai tempo subsanámolos e agora volven producirse”, explica Grandal. (máis…)

06/10/2009 at 13:18 Deixar un comentario

O BNG de Salvaterra denuncia os continuados cheiros no casco urbano

Documentación-012O portavoz do BNG en Salvaterra, Gabriel Martínez, denuncia a existencia de malos cheiros continuados no casco urbano do municipio froito “da falta de mantemento da depuradora da Canuda e dos continuados vertidos ao río Miño sen o tratamento previo que require a normativa actual”. (máis…)

06/10/2009 at 13:01 Deixar un comentario

Curso de Saúde Ambiental en Vilasobroso, Mondariz

A FEGAMP en colaboración coa Escola Galega de Administración e Estudos Locais e a Fundación Caixa Galicia organizan o XLI curso de Saúde Ambiental dentro do Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles. O curso será impartido polo profesor Francisco Peña Castiñeira do 13 ao 16 de outubro de 2009. A este curso poderán asistir un máximo de cincuenta persoas que recibirán 32 horas de formación. (máis…)

25/09/2009 at 09:40 Deixar un comentario

O proxecto Ríos, de Adega, inicia a súa campaña de outono

río-alenCo inicio do curso académico o Proxecto Ríos comeza a campaña de outono. O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA. (máis…)

18/09/2009 at 11:14 Deixar un comentario


Categorías

Feeds