Posts tagged ‘Ponteareas’

Constitúese a Plataforma de Afectados do Novo Ies de Ponteareas

ies-novoO venres 18 de setembro nunha asamblea de pais e nais afectados polo Novo Ies constituíuse unha Pplataforma para revindicar a solución inmediata da apertura do novo centro. (máis…)

21/09/2009 at 16:04 Deixar un comentario

O concello de Ponteareas ofrece un curso de informática básica para mulleres

O Concello de Ponteareas vén de convocar un curso de informática básica ao abeiro dos Cursos de Formación para Mulleres (SGI). (máis…)

11/09/2009 at 09:46 Deixar un comentario

A conselleira de educación estivo na inauguración das obras de ampliación do Mestre Ramiro Sabell

Sanchéz Piñón na aula do Mestre Sabell

Sanchéz Piñón nunha aula do Mestre Sabell

Sobre as 11:15 chegou ao recinto do colexio ponteareán Mestre Ramiro Sabell a conselleira de educación, Laura Sánchez Piñón, foi recibida entre outros polo alcalde Solla, por Francisco Mosquera do PSdG de Ponteareas, por Piña do PSdG de As Neves e polo Delegado Provincial de Eduación, Cristóbal Fernández. (máis…)

06/02/2009 at 11:43 Deixar un comentario

O PSOE de Ponteareas reclama a comparecencia do alcalde no pleno de abril para explicar a situación do PXOM

O Partido Socialista de Ponteareas explica que desde o 22 de abril do ano 2003 o concello de Ponteareas ten contratado coa empresa GOC a redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal establecendo o prazo de execución inicialmente en 18 meses pero “o oscurantismo seguido polo PP na súa elaboración soamente conseguíu complica-lo proceso ata a paralización. Cinco anos despois de iniciado, a data de aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal é un dos asuntos máis incertos deste concello”. (máis…)

18/04/2008 at 14:40 Deixar un comentario

‘A Compañía Do Ruído’ actuará este domingo no Salón Parroquial

O vindeiro domingo día 20 de abril ‘A Compañía Do Ruído” actuará no Salón Parroquial de Ponteareas.

18/04/2008 at 14:05 Deixar un comentario

Ponte… Nas Ondas! ultima a reformulación do dossier da candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués

No pasado mes de setembro, a Unesco, en reunión celebrada en Tokio, decidiu abrir o proceso para a inscrición na Lista Indicativa do Patrimonio Inmaterial, segundo o novo procedemento establecido pola Convención para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial. (máis…)

18/04/2008 at 14:02 Deixar un comentario

A concellería de Vías e Obras de Ponteareas remata o asfaltado da pista de Ponte Xil, en Guillade

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas, que dirixe Alberto Novoa, rematou as obras da pista de Ponte Xil, na parroquia de Guillade. (máis…)

18/04/2008 at 13:59 Deixar un comentario

Artigos máis antigos


Categorías

Feeds