Posts tagged ‘premios’

O concello de Ponteareas continúa sen pagar ás historiadoras

A historiadora María Victoria Martínez Rodríguez, gañadora do IV Premio de Investigación Fermín Bouza Brey convocado polo concello de Ponteareas no ano 2006, denuncia que ese concello continúa incumprindo as bases estipuladas na convocatoria do premio. O actual goberno municipal négase a aboar os 1500 euros que restan do premio en metálico e rexeita a publicación do traballo vencedor titulado “A muller no franquismo. A Sección Feminina en Ponteareas, 1936-1955”, xa rematado e en poder do concello de Ponteareas desde febreiro de 2009. (máis…)

06/10/2009 at 13:07 Deixar un comentario

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo acada o 1º Premio no IX certame provincial de bandas

Foto-Banda--Xinzo-con-CesarA Banda de Música Xuvenil de Xinzo ven de acadar o 1º Premio outorgado polo xurado do IX  Certame Provincial de Bandas de Música que organiza a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, Sección Segunda, celebrado este sábado na cidade de Pontevedra. (máis…)

05/10/2009 at 11:17 Deixar un comentario

O XLII Concurso de Gaitas de Ponteareas celebrarase no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas

A  celebración  do  “Concurso de Gaitas” é  xa unha cita habitual no programa festivo  de  Ponteareas,  acadándose  este  ano  a  súa    42  edición  que  o  consolida  como  o  certame  de música tradicional galega  de máis  amplia  traxectoria. (máis…)

18/09/2009 at 10:17 Deixar un comentario


Categorías

Feeds