Posts tagged ‘secundaria’

Comezan as clases no IES do Barral

Instituto-PonteareasRemontémonos a dous anos atrás, por non ir máis lonxe, cando comezaban as obras do novo instituto de ensinanza secundaria de Ponteareas.
Nese intre a primeira promesa: Redacción do PXOM para dotar de accesos ao IES, recalificar o solo e chegar a un acordo cos propietarios dos terreos necesarios para a construción do novo IES. (máis…)

Advertisements

07/10/2009 at 17:16 Deixar un comentario

Nais e pais da Plataforma de Afectados polos IES do Barral abandonan o encerro no salón de plenos de Ponteareas

fachada-concello-ponteareasOs pais e nais da Plataforma de Afectados pola non apertura do IES do Barral, en Ponteareas, seguirán abandonaron o salón de plenos no que levaban pechados dende o luns día 28  pero seguirán vixiando de preto as obras de acceso que hoxe comezaban tras chegar a un acordo o concello e os propietarios dos terreos lindantes coa N-120. (máis…)

01/10/2009 at 12:33 Deixar un comentario

Os pais e nais afectados polo IES do Barral seguirán pechados no salón de plenos do concello de Ponteareas

“Sitiado”, así está o salón de plenos do concello de Ponteareas dende a mañá de onte luns 28 de setembro. As nais, pais e alumnos afectados pola non apertura do Instituto de Ensino Secundario do Barral decidiron onte tomar o salón de plenos do concello de Ponteareas ata que a Consellería de Educación lles ofreza unha alternativa de escolarización distinta ao horario de tarde que uns poucos dos afectados están a facer no Instituto Val do Tea. (máis…)

29/09/2009 at 11:46 Deixar un comentario

Nais, pais e alumnos afectados polo IES do Barral péchanse no salón de plenos do concello de Ponteareas

A Plataforma de Afectados do Novo  IES de Ponteareas e os alumnos afectados permanecen pechados no salón de plenos do concello de Ponteareas ata que se solucione o problema da escolarización. (máis…)

28/09/2009 at 16:21 Deixar un comentario

Esquerda Unida de Ponteareas califica o último pleno como ‘triste espectáculo’

Esquerda Unida de Ponteareas considera que o Pleno celebrado no Concello o xoves 24 de setembro foi un capítulo máis “na farsa por entregas que rodea á construción dun novo Instituto no Barral”. (máis…)

28/09/2009 at 09:01 Deixar un comentario

Unha inspectora de Educación visita o conservatorio de Ponteareas trala reunión mantida coa Plataforma de Afectados polo IES do Barral

A Plataforma de Afectados pola non apertura do IES do Barral reuníuse hoxe ás nove da mañá co xefe territorial de Educación, Pérez Ares e o Secretario Xeral de Educación da Xunta, José Luis Vázquez Fernández. A cita foi na cidade de Pontevedra e a ela tamén acudiron a inspectora encargada da zona de Ponteareas e o alcalde, Salvador González Solla, aínda que segundo o voceiro da Plataforma non tiñan constancia oficial da asistencia do alcalde. (máis…)

25/09/2009 at 12:15 Deixar un comentario

Crónica dun problema anunciado. Suspéndese o pleno ante as réplicas dos afectados

Deste xeito remataba o pleno ordinario celebrado onte en Ponteareas. Logo dunha hora e media de debate e de “mitíns” das distintas forzas políticas, os pais e nais dos alumnos afectados pola non apertura do Instituto do Barral marcharon para as súas casas sen ningún tipo de resposta que lles aclarase cando e como ía a abrir o novo instituto. Sen alternativa ningunha ao horario de tarde que uns poucos nenos están facendo no Val do Tea as nais e pais reclamaron dende o público un horario digno e unha solución urxente ao Instituto do Barral. (máis…)

25/09/2009 at 10:49 Deixar un comentario

Artigos máis antigos


Categorías

Feeds