Constitúese en Ponteareas a asociación ‘Auga limpa’ para reclamar que o suministro de auga potable sexa óptimo

22/10/2007 at 07:51 Deixar un comentario

En vista de que o suministro de auga potable en Ponteareas é pésimo e que non ten vistas de mellorar, un grupo de veciños da vila decidíu constituirse en asociación para agrupar forzas coa finalidade de reclamar que se solucione este problema. Esta situación, está afectando a moitos veciños, polo que a asociación está aberta a novos socios. Na asemblea de constitución, elexíuse como presidente a Ángela Silva.
 Como primeira actividade, estan recollendo sinaturas dos veciños exisindo a solución deste problema,  para facerllas chegar ó Concello. “Cónstanos que xa se fixeron moitas reclamacións individuais, tanto ao concello como á empresa concesionaria, pero estas reclamacións foron desatendidas, e chegamos á conclusión de que constituíndo unha organización veciñal, teríamos máis forza ante a administración. O problema de momento segue ahí; a auga trae tanta suciedade que ata atasca os filtros dos edificios, tendo que chegar a quitalos para poder ter algo de auga aínda que sexa sucia. A isto engádese que ven habitualmente con exceso de cloro”, sinalan esta nova asociación.
Así mesmo esixen poder beber tranquilamente a auga do grifo, algo que agora mesmo segundo eles é imposible. “Isto está sucedendo cun servizo que os veciños estamos pagando, de maneira que a empresa concesionaria, Aquagest, estase beneficiando do cobro dun servizo que da en malas condicións. Pero aínda que a xestión da auga a estea levando esta empresa, o Concello é o responsable de que esta chegue ós consumidores en perfecto estado, polo que ten a obriga de exisirlle que cumpra coa normativa de calidade da auga, ou de tomar as medidas oportunas para solucionar o problema”.

Entry filed under: Ponteareas.

Os veciños da Cañiza, Arbo e As Neves poderán usar o servizo de transporte escolar para os seus desprazementos Unha trintena de persoas acude á 1ª edición das Xornadas de Voluntariado nas Neves

Deixar un comentario

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds