Posts filed under ‘Mondariz’

A Asociación Forestal de Galicia organiza un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas

A Asociación Forestal de Galicia organiza os vindeiros 9 e 10 outubro en Ponteareas un curso de divulgación sobre a silvicultura de frondosas. (máis…)

07/10/2009 at 16:55 Deixar un comentario

Rematadas as obras viarias en Queimadelos, Mondariz

fotos-estradas-511A Entidade Local Menor de Queimadelos, que dirixe o nacionalista  Manuel Portas, ven de dar por rematadas as obras de execución de ancheado, explanación e mellora de máis de 2.000 mts de viais na parroquia. (máis…)

05/10/2009 at 10:26 Deixar un comentario

A Escola de Canteiros convoca 20 bolsas de estudos dotadas con 1.000 euros cada unha

A Escola de Canteiros convoca para este novo curso 20 bolsas de estudos dotadas con 1.000 euros cada unha. Poderán optar a estas axudas aqueles alumnos que xa estean matriculados na Escola pero tamén calquera persoa que resida actualmente na provincia de Pontevedra. (máis…)

03/10/2009 at 09:38 Deixar un comentario

Presentación do MÍVICO´09 na FNAC da Coruña

O Xoves 1 de Outubro as 19:30 h. o MÍVICO’09 presentará na FNAC de A Coruña a súa programación que,do Venres 2 ata o Domingo 4, tinguirá Ponteareas co millor do panorama audiovisual internacional. (máis…)

01/10/2009 at 11:11 Deixar un comentario

As UXFOR de Galicia reuniránse o vindeiro 25 de outubro

O pasado sábado 26 de setembro, convocadas por persoas representantes da Uxfor “Fonte das Meigas” en Arcos, concello de Chantada, reuníronse as comisións de propietarias e propietarios das Uxfor, “ás que a Consellaría do Medio Rural abandonou tras rachar cos compromisos que asinaran co anterior goberno”. (máis…)

01/10/2009 at 11:05 Deixar un comentario

Louzán anuncia a creación da primeira oficina provincial de consumo en Galicia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a Directora do Instituto Galego de Consumo, Nava Castro, asinaron esta mañá o convenio que vinculará as dúas institucións no desenvolvemento dun proxecto conxunto para a mellora dos servizos de atención o cidadán, por valor de 75.000 euros. (máis…)

01/10/2009 at 11:01 Deixar un comentario

O PSOE de Mondariz acusa ao alcalde de mintir sobre o Circuito Galego de Velocidade

O grupo municipal socialista de Mondariz, no pleno da corporación celebrado o sábado día 26 de setembro, tralas declaración de Rafáel Louzán, presidente da Deputación, e Julio Alén, alcalde de Mondariz, nas que anunciaban que non se podería construir o circuíto de velocidade, presentou unha moción na que acusa a ambos dirixente, de “utilizar un proxecto ilusionante para a afición galega e que suporía un remanente económico para a zona, como arma electoral”. (máis…)

29/09/2009 at 09:56 Deixar un comentario

A FEG denuncia que a tala de ameneiros vai empeorar a saúde do río Miño

A Federación Ecoloxista Galega lamenta o “nulo respecto polos ríos amosado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, alén de diversos concellos do Ribeiro”. (máis…)

25/09/2009 at 10:33 Deixar un comentario

Curso de Saúde Ambiental en Vilasobroso, Mondariz

A FEGAMP en colaboración coa Escola Galega de Administración e Estudos Locais e a Fundación Caixa Galicia organizan o XLI curso de Saúde Ambiental dentro do Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles. O curso será impartido polo profesor Francisco Peña Castiñeira do 13 ao 16 de outubro de 2009. A este curso poderán asistir un máximo de cincuenta persoas que recibirán 32 horas de formación. (máis…)

25/09/2009 at 09:40 Deixar un comentario

¿Alguén dixo videocreación? Os días 2,3 e 4 de outubro cita con MÍVICO en Ponteareas

cartel1

Volve a terceira mostra internacional de Videocreación MÍVICO ao Condado. Este ano a cita será no Centro Sportivo o venres día 2, o sábado día 3 e o domingo 4 de outubro.
PROGRAMA:
VENRES DÍA 2:
21:30 INAUGURACIÓN FESTIVAL (máis…)

23/09/2009 at 10:49 Deixar un comentario

Older Posts


Categorías

Feeds