O BNG das Neves asegura que o concello presenta un déficit de 115.000 euros

11/04/2009 at 19:01 Deixar un comentario

O BNG das Neves asegura que o Alcalde deu conta dun déficit de  115.000 euros no último pleno extraordinario. Segundo os nacionalistas os xestores do Concello deberán presentar un plan económico-financieiro de reequilibrio a un prazo máximo de tres anos que recolla as medidas a adoptar para retornar á situación de estabilidade orzamentaria.
“Tamén se descubre que nos últimos anos acumúlanse máis de 334.000 euros de dubidoso cobro, é dicir que por mala xestión non se conseguiron cobrar”, explica Oscar González, responsable local do BNG das Neves.

O BNG das Neves repite de novo a súa posición ao respecto dos “excesos incomprensibles” en determinados gastos. “Un concello que non chega aos 4.500 habitantes non pode gastarse máis de 100.000 euros anuais en persoal político (Alcalde, Teniente de Alcalde e Concelleiro de Vias e Obras). E destinar soamente 266.000 euros a inversións reais dun total de 2.025.000 euros do orzamento de 2009”.

Entry filed under: As Neves.

Adxudicadas as obras de rehabilitación do local social de Prado, en Ponteareas O BNG de Ponteareas demanda a constitución da comisión de seguimento da A-57 para tratar sobre os proxectos contratados

Deixar un comentario

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds