Adxudicadas as obras de rehabilitación do local social de Prado, en Ponteareas

11/04/2009 at 18:57 Deixar un comentario

O Goberno Local de Ponteareas adxudicou os traballos de rehabilitación do local social da parroquia de Prado, obra que suporá un investimento de 77.149,34 euros e forma parte dos traballos que, en materia de dotación de infraestruturas culturais, desenvolve o concello ponteareán dentro do programa dos Fondos Estatais de Investimento Local.
A rehabilitación deste Local Social de Prado permitirá engadir unha planta máis á ao edificio existente, o que permitirá a creación de novos espazos para un mellor aproveitamento das instalacións.
Unha vez rematadas as obras que xa foron adxudicadas, o Local Social de Prado poderá contar con un lugar onde instalar novos despachos, amais de espazos para a lectura e instalación dunha pequena aula informática que posibilite o acceso, de todos os veciños e veciñas desta parroquia, ás novas tecnoloxías da información e da comunicación.
Para o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, con esta obra continúase a bo ritmo co programa de construción e reforzo das infraestruturas culturais das distintas parroquias e que permitirán que “todos os veciños e veciñas, de calquera das 24 parroquias de Ponteareas, dispoñan de espazos axeitados para o desenvolvemento das súas actividades culturais”.

Entry filed under: Ponteareas.

Arredor de 2.500 mozos participarán nos campamentos de verán na Lanzada O BNG das Neves asegura que o concello presenta un déficit de 115.000 euros

Deixar un comentario

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds