Inícianse as obras que rematarán o saneamento do barrio de Canedo, en Ponteareas

09/10/2008 at 17:07 Deixar un comentario

O Concello de Ponteareas iniciou as obras que rematarán o saneamento do barrio de Canedo. Os traballos, que ascenden a 53.000 euros, executanse a través do Plan de Saneamento e Abastecemento de Auga da Deputación Provincial de Pontevedra, que financia o 70 por cento do custo da obra, mentres que a cantidade restante, o 30 por cento, a aporta o Concello.
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, e o concelleiro de Servicios Comúns, Domingos Freitas, destacan que a execución destes traballos supón o remate do saneamento no barrio ponteareán, e lembran a forte aposta que está a levar a cabo o Concello de Ponteareas para dotar a todos os barrios e parroquias de infraestructuras de saneamento e abastecemento de auga.

Entry filed under: Ponteareas.

O alcalde de Ponteareas reúnese cos veciños de Arcos e Fontenla Vivenda reúne á comisión de seguimento do Val do Tea

Deixar un comentario

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


Categorías

Feeds